Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Os outros noruegos de Caneliñas”

“Os outros noruegos de Caneliñas”
Traballadores na baleeira de Canelinas

A baleeira morta de Caneliñas é un bo exemplo de como deixamos esmorecer a nosa historia. Aló embaixo, nunha paraxe inigualable, murcha aquela fábrica que noutros tempos foi fonte de vida. Poucos intentos houbo de recuperala, máis alá dun intrusivo proxecto hostaleiro que quedou no papel. Mentres, seguimos vendo como amortece.

A revista Estudios Galegos vén de facer público un artigo sobre a baleeira. O Doutor en Historia Felipe Valdés Hansen escribe sobre ”Os outros noruegos de Caneliñas: A campaña ballenera de 1929”, agora xa en castelán, galego e inglés.

O artigo parte dun documento inédito da Compañía Ballenera Española, o libro de salarios de 1929, que revelou novos datos sobre a actividade dos baleeiros noruegueses en Galicia no século XX. Dende aí, Valdés trata de actualizar a realidade norueguesa na factoría ceense, onde chegaron en 1927 trala baixada de capturas por Xibraltar.

Valdés recorda aqueles tempos nos que a factoría estivo a piques de pechar despois do fracaso en 1928 da International Whaling Company. Pero en 1929, dous homes a reactivaron e a salvaron, permitindo que a baleeira se mantivese activa ata 1985.

O artigo recolle numerosos documentos económicos da facturación da factoría, de capturas, de produción, de gastos, salarios ou ata primas aos arponeiros por cetáceo ou cachalote pequeno. Recolle mesmo os nomes das tripulacións daquel 1929 e os nomes dos traballadores noruegos daquel ano.

Ballerenos atracados en Corcubion

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios