Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os Pinchos toman a Costa

Os Pinchos toman a Costa

Non cabe dúbida que unha das cousas que máis triunfan na Costa da Morte son as citas gastronómicas. E se non, ollade como as montaron a pasada semana no Percebe de Corme ou pola Fagía de Carnés.
E tamén tivemos exemplos moi bos do ben que funcionan as Rutas dos Pinchos, que esta fin de semana encheron os bares de Vimianzo e Cee.
Uns pinchos que xa percorreron os bares vimianceses na primavera, pero imos pouco a pouco.

Gañadores dos IV Pinchos Irmandiños

Impresionante foi o Asalto ao Castelo 2012, pero unha das cousas que máis triunfan é a Ruta do Pincho Irmandiño. Por cuarto ano a vila soneirá traía esta proposta de xoves a domingo, e a xente non perdoou, e ateigaron os bares ata a bandeira.

E xa temos gañadores: O Mellor Pincho Irmandiño 2012 foi o da Parrillada Montevideo, coa súa "Estocada agonizante dos Moscoso", unha tosta deliciosa con gambas e polvo.
Ademais, o premio ao Bar con Mellor Presentación levouno o Djalma, que ademais presentaba de pincho unhas fantásticas "Gónadas de berraco" envoltas nun pequeno boliño de pan.

Xornadas Gastronómicas de Primavera en Vimianzo

E os que están encatados con estas iniciativas son os hostaleiros. Como os vimianceses que participaron nas Xornadas Gastronómicas de Primavera, que organizou o concello durante os meses de abril a xuño. Estes reuníanse a comezo de semana no concello co alcalde e a técnica de emprego para realizar unha valoración da incidencia desas xornadas.
Os hostaleiros de Casa Paco, Casa Sabina, O Retiro de Barboles, Restaurante O Castillo, Restaurante Vázquez, Restaurante Pastoriza, Restaurante Edreira e O Cabral, valoraron a xornadas como moi positivas para a hostelería local xa que axudan a dinamizar unhas épocas nas que o número de clientes é menor. Desde o concello quedaron emprazados para unha nova xuntanza par apreparar as vindeiras xornadas gastronómicas de outono, que o ano pasado servirón 400 menús.

Nas Xornadas de primavera os resturantes agasallaban cunha rifa con cada menú, para participar no sorteo dunha escapada con encanto dunha fin de semana para dúas persoas ao Hotel Rústico Anatur, en Cervo (Lugo). Esta mesma mañá tivo lugar o sorteo desta viaxe ante a presenza de todos os hostaleiros. O azar quixo que a sorte recaese na rifa co número 672, entregada polo Restaurante o Castillo. O feito de que cada persoa desixase o seu número de teléfono anotado na matriz da rifa permitiunos coñecer quen era a gañadora do premio. O propio alcalde chamaba ao número que aparecía indicado e nese momento puidemos coñecer a identidade da afortunada: Mª José Varela, veciña de Camariñas e alumna da Escola de teatro de Vimianzo.

Feira dos Sabores en Cee

Malia que non nos enteiramos, Cee tamén celebraba esta fin de semana a Feira dos Sabores, que este ano centrouse nunha ruta de Pinchos polos bares. Os premios á Tapa máis orixinal e á Mellor Presentación levounos O Restaurante Angueira coa Tapa el Venao, unha mini-hamburguesa de venao á parrilla con ali-oli de queixo e ensalada licuada (na imaxe). E foi o Restaurante Faina o que levou á máis saborsa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios