Os Quinquillans triunfan cos cativos de Cee


Nesta semana das Letras Galegas, a Casa de Cultura de Cee continúa co seu programa de actividades sendo os rapaces os grandes protagonistas. Ademais das dúas mostras de Letras e Natureza que acolle o edificio, no marco do progama Conta Moito, este mércores, 350 rapaces de ensino primario (cursos de 1º a 4º) dos colexios Eugenio López e Manuela Rial Mouzo encheron de risas o auditorio na función Os Quinquilláns.
“Por que é salgada a auga do mar?” era o título da obra, que consistía nun conto tradicional galego que servía de desculpa para explicar a diferencia entre auga salgada e doce. Só había que ver a atención e as risas dos rapaces, que ademais de pasalo ben aprenderon unha marea.
Máis actos
Mañá será o turno para os nenos de educación infantil dos citados colexios e tamén para os nenos das escolas unitarias de Brens e Pereiriña. Nesta ocasión a función correrá cargo de Teatro Ghazafellos e os eus "Contos do lobo”.
E o venres ás 18.00 horas teremos a entrega de premios dunha nova edición dos concursos literarios de Achegamento ó Libro. Para rematar esta intensa semana de actividades, teremos o concerto da Banda de Música de Cee o sábado 16 ás 12.30 horas tamén no Auditorio da Casa de Cultura.
Novas relacionadas
- Unha viaxe dende o Instituto chea de historia para coñecer mundo.
- Os pequenos de Cee sumerxíronse no medio mariño.
- Letras e natureza enchen a Casa da Cultura de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).