Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
07:15 22/11/16
Ateigado o Salon de Plenos do Concello de Cee para a rolda de prensa do peche do Comité de Ferroatlántica
Anunciaban a semana pasada un peche no Concello ata que Feijoo atenda as súas esixencias. E toca cumplilo. E non é sinxelo deixar a familia e poñerse a loitar polo teu posto de traballo.
Así, un cento de traballadores de Ferroatlántica xa están encerrados no Concello de Cee. Manterán o peche ata que Feijoo reciba ao Comité e confirme que esixirá o mantemento da vinculación entre as actividades de produción de enerxía hidroeléctrica e de ferroalealiaxes, a “única garantía dos postos de traballo” segundo o comité.
Contan co apoio municipal así como doutras forzas políticas a nivel nacional. De feito, na rolda de prensa deste luns estiveron moitos alcaldes da comarca, a deputada do PSOE Loli Toja, as responsables do BNG Ana Pontón e Noa Présas, e esperan que membros de En Marea pasen mañá para compartir un tempo no centro de operacións. Ademais, está previsto que na xornada de mañá, martes día 22, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, se sume á protesta da tarde diante da Casa do Concello de Cee.
Ana Pontón en Cee
Un peche que se complementará con concentracións diarias – de 18:30 a 19:30 horas – diante do concello ceense así como seguir recadando apoios a través de reunións e recollida de sinaturas.
O núcleo do peche será o salón de plenos, onde esta tarde, despois da concentración da concentración diaria, se comezará a acondicionar para pasar a noite. Colchóns, mantas, termos… comezarán a formar parte da vida diaria do Concello ceense ata que Feijoo tome en consideración as demandas do Comité. Con presencia continua do Comité, e dos sindicatos, os traballadores iranse repartindo a turnos para manifestar que a loita está moi aberta.
O silencio cómplice da Xunta
"Cada minuto que a Xunta permanece en silencio, estalle dando azos á empresa para seguir con esta operación. Temos que lograr que a Xunta diga claramente que non se poden vender as centrais e por outro lado, temos que presionar a Ferroatlántica para que cese de vez nas súas intencións", aseveraba Paulo Carril da CIG ao inicio do encerro.
A este respecto, Xabier Santos acusaba á Xunta de converterse coa súa actitude ambigua en "cómplice" da empresa, censurando que "mentres o PP na comarca se coloca detrás da pancarta contra a vendas das centrais, o PP na Xunta actúa como verdugo desta bisbarra".
Como vimos comentando, o Comité segue “esixindo que o presidente da Xunta que se poña de parte dos traballadores e non de parte de Villar Mir, como se puxo o goberno de Fraga no 92, cerciorando a vinculacuión de actividades e obrigando a Villar Mir a acodir á vía xudicial, porque se se leva a cabo a segregación duraríamos dous telediarios, polo que xa falamos, porque os produtos das fábricas de Cee e Dumbría fanse en Venezuela, Sudáfrica e China a moito menos custe”.
"Nada mudou que permita autorizar a segregación"
Nese sentido, non entenden por que “en febreiro deste ano aprobouse por unanimidade unha moción do BNG, enmendada polo PP, evitando a segregación, e agora o goberno do PP non pode facer o propio”. Entenden ademais que a pesar de que a UE está a favor da libre competencia, “isto é competencia da Xunta de Galicia”.
Daquela foi o Parlamento de Galiza, nunha decisión posteriormente ratificada polos tribunais de xustiza, quen impediu a separación de actividades, coa finalidade de salvagardar o interese público da explotación dos nosos recursos naturais. "Nada mudou dende entón que permita autorizar a segregación das actividades", aseverou Mouzo, "nin os cambios administrativos dos fluxos do sistema eléctrico amparan as pretensións da empresa, nin a suposta repercusión da venda na comarca xustifican esta operación".
A prensa está cada vez máis pendente do caso
Contan co apoio social máximo, tanto da veciñanza como das entidades sociais, e venque está habendo máis e máis repercusión, como o corrobora o feito de ver xa á TVG pola volta.
Iso si, toca estar atento ao Parlamento Galego, que estes días abordará o asunto con preguntas do propio PP, e En Marea, PSOE e BNG.
Primeira concentración
[fbvideo link="https://www.facebook.com/concellocee/videos/1235645916510265/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Xa ás 18:30h, tivo lugar a primeira concentración, esperemos que non sexa a primeira de moitas. E transcorreu así:
Primeira concentración diaria, ás 18:30h, dos traballadores de Ferroatlántica no Concello de Cee -Foto- Rafa Quintñans
Colleitando sinaturas-Foto-Rafa Quintáns
A primeira noite
Así pasaron a primeira noite:
O salón de plenos do Concello de Cee convertiuse no campamento base dos traballadores de FerroatlánticaArtigos relacionados
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-01-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC ([email protected])