Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Os traballadores de Ferroatlántica manteñen o pulso dous días antes dunha reunión coa Dirección

Os traballadores de Ferroatlántica manteñen o pulso dous días antes dunha reunión coa Dirección
Concentracion as portas da fabrica de Brens dos traballadores de Ferroatlantica 13-06-18 Debido á xornada continua do veráns, as concentracións que levan a cabo este mes os traballadores e as traballadoras de Ferrroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas ás portas da fábrica de Brens estanse desenvolvendo os mércores ás 14:00h. Este 13 de xuño, un cententar de traballadores sacaban a pancarta que esixe o desbloqueo da negociación di convenio colectivo do centro de traballo. O Comité segue barallando a folga como nova medida de presión, mentres esperan a ver como evolucionan as negociacións do convenio na reunión que manterán este mesmo venres coa Dirección. O voceiro Alfonso Mouzo (CIG) recoñecía que a pasada semana a dirección cambiou o ton das conversas, pero lembrou que ata o momento non existe ningún acordo para o novo convenio. En función da evolución da reunión do venres, o Comité trasladará o resultado os traballadores/as decidindo se continúa ou non as mobilizacións. Ademais, teñen unha reunión concertada para este xoves ás 12:30h coa Consellería de Medio Ambiente para solicitar información sobre o estado das novas centrais e amosar a preocupación polo incumprimento dos compromisos de contratación, que ía ser de polo menos un incremento de postos de traballo nas centrais do 10% e a día de hoxe hai menos persoal, segundo fontes dos propios traballadores.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-persoal-de-ferroatlantica-seguira-este-mercores-coas-mobilizacions-para-esixir-o-desbloqueo-da-negociacion-do-convenio-colectivo/

Artigos relacionados

Fonte

comentarios