Os versos de Miro Villar musicados en clave indie

Así de ben soa a proposta musical do coruñés Nacho Mora, aproveitando os versos do poeta ceense Miro Villar. O soneto de Miro, "Foi nas Illas Lobeiras...", do poemario Ausencias pretéritas (Espiral maior, 1992), serve de para presentar o seu novo proxecto. Un disco que ademais busca financiarse a través dunha campaña de microfinanciamento colaborativo, o chamado "crowdfunding".
Deste xeito, xa podemos facernos "produtores" do traballo "Entre as zocas e os lóstregos" de Nacho Mora dende a plataforma www.mymajorcompany.es aportando 12€, e recibindo o CD se finalmente se conseguen os 4.000 que necesita para gravar e editar o disco. OU 20€ e recibirás o vinilo!
A Nacho, os amantes do rollo indie coruñés, xa o coñecen de vellas míticas bandas herculinas como Los Covers, Elephant Band ou MEU. Así, esto de mesturar versos tan galegos coa música indie perfílase, cando menos, moi novedosa, como reflexionan os compañeiros de letraenobras.
E Miro non é o único poeta que pretende ser musicado por Nacho, a idea tamén inclúe outros textos de poetas galegos, clásicos e contemporáneos, como Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Ana Romaní, Baldo Ramosou Estíbaliz Espinosa.
A Miro xa o coñecemos da súa participación na vida cultural costeira, e na rede, a través do seu activo blog As Crebas.
Agora só nos queda aportar o noso grao de area para que este proxecto saia adiante.

Máis información
- As Crebas, o Blog de Miro Villar.
- Letras en Obras.
- Mymajorcompany: Nacho Mora - Entre as zocas e os lóstregos.
Novas relacionadas
- Serxio Iglesias e Rafa Vilar musicados por Xardín Desordenado.
- López Abente xa ten a súa partitura.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
- Miro Villar fálalles aos nenos de Rosalía no seu novo libro.
- Miro Villar, un contacontos de primeira.
- Miro Villar espallou os seus haikus do Finisterrae Bretón pola costa ártabra.
- Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).