Pan de Raposo volveu convertir a Escola de Música de Cee nun verxel micolóxico
Non podía ser doutro xeito. Nin o tempo puido coas esperadas XIV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que cada ano artella aAsociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo. A falta de chuvias facía dubidar da presencia de cogumelos polos montes da volta, pero aos especialistas costeiros non se lle escapa unha, e volveron xunta, como estes últimos anos máis de 200 especies de cogumelos na exposición que convertía a Escola de Música nun pequeno reino funghi.
Satisfeitos quedaron os responsables da entidade, entre os que atopamos ao noso colaborador José Manuel Castro Marcote, que nos comenta que “as xornadas sairon ben, con moita asistencia ás conferencias e tamén ás visitas guiadas pola exposición, realizadas por José María Traba Velay e Manuel Pose Carracedo”.
A exposición contaba ademais con moitas especies curiosas ou raras, “seguramente debido as altas temperaturas en estas datas”, explica Marcote, destacando a presencia da “pérfida Amanita phalloides e tamén da raiña dos cogomelos comestibles, Amanita caesarea”, dúas curmáns tan parecidas e tan diferentes, unha mata mentres a outra é unha auténtica delicia.
Este ano, as conferencia foron da man de José María Costa Lago falando dos “Cogomelos raros e interesantes”, e do propio mestre Marcote, que baixou o listón e fixo unha conferencia para os menos especialistas, cun bautismo de “Iniciación ao mundo dos cogomelos”. Tamén o domingo foi o día de Chisco Lema, alcalde de Corcubión que nestes últimos pecha as xornadas cos seus impresionantes vídeos de natureza salvaxe na Costa da Morte.
Houbo tamén presencia escolar, pois como cada ano, os centros ceenses participan cun mural con contidos micolóxicos que fomenta o coñecemento desta ciencia entre a mocidade.
Novas xornadas en Zas
A próxima cita chega da man da Asociación de Veciños de Loroño, que arma as 1ª Xornadas Micolóxicas Zas 2014, que terán lugar os vindeiros días 7 e 8 de novembro no Centro Sociocultural.
O venres 7 arrincarán cunha charla de iniciación, e para o sábado, ben cedo, unha saída para a recolección de exemplares, con degustación e pola tarde peche con Juan Carlos Larouba Sanchez.
Hai Prazas limitadas. Os interesados en incribirse deberán apuntarse nos seguintes teléfonos: 606 889 707 – 629 807 928 – 677 115 411.
Novas relacionadas
- Co mes de novembro chegan as esperadas Xornadas Micolóxicas de Pan de Raposo.
- Xornadas 2013: A micoloxía segue convertíndose en tradición coas Xornadas de Pan de Raposo.
- Xornadas Micolóxicas 2012: Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo.
- Unha mirada micolóxica dende a Costa da Morte para Galicia.
- Cantares de Cego: Os alimentos salvaxes da Costa da Morte.
- Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Cogomelos de Coresma.
- Champiñóns.
- Lepiotas mortais.
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Novas micolóxicas
- 500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte.
- Contra as fumigacións agresivas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).