O GES de Muros ten que trasladarse ata Corcubión para sufocar un incendio nun rocho

12:53 09/11/23
Tiña que pasar e pasou. A problemática laboral dos Bombeiros e a mala xestión do Consorcio provincial provocou que o Parque de Bombeiros de Cee quedase pechado, unha vez máis.
Afortunadamente, o incendio acontecido esta mañá no rocho dunha vivenda do lugar da Oliveira, na parroquia corcubionesa da Redonda, non foi a máis, e malia ter que esperar unha hora e cuarto (si, hora e cuarto dende o aviso ao 112) pola chegada dos Bombeiros do GES de Muros, non houbo que lamentar máis que a perda do contido do rocho, que non da estrutura da vivenda.
Foi a acción da propia veciñanza a que impediu que o lume fose a máis.
Ademais do GES de Muros, que sinalou que a orixe do lume puido ser un deshumidificador, acodiron a Garda Civil e Proteccion Civil.