Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Piden 4 anos e medio de prisión por estafa ao vendedor de mobles de Cee detido en 2019

Piden 4 anos e medio de prisión por estafa ao vendedor de mobles de Cee detido en 2019

Esta semana celébrase o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña da Operación Somier, para o vendedor de mobles de Cee detido en 2019. A Fiscalía pide 4,5 anos de prisión e máis de 30.000 euros por un suposto delito continuado de estafa e outro continuado de falsidade en documento mercantil.

A Fiscalía explica que o vendedor ofrecía aos clientes a posibilidade de sufragar as súas compras previa entrega de documentación persoal, que logo empregaba para formalizar o contrato de financiamento, concertando "de maneira indebida préstamos de diferentes entidades de crédito cos que obter unha cantidade de diñeiro que, posteriormente, ingresaría en contas bancarias da súa titularidade", así como "nalgún caso, cartóns de crédito coas que realizaría compras de diferente importe que se cargarían en contas bancarias dos seus clientes".

O vendedor que estivo en presión sen fianza dende o 9 de abril ata o 19 de xuño de 2019, enfróntase agora ao xuízo

Mäis info

Comentarios