Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Piden melloras na seguridade á entrada do CEIP Eugenio López

A zona escolar e puro asfalto
A zona escolar é unha marea de asfalto
Piden melloras na seguridade á entrada do CEIP Eugenio López

Paralelamente á vontade de cambio de nome do CEIP Eugenio López, a seguridade centra agora as demandas do BNG. O grupo local vén de soliciitar medidas para mellorar a seguridade dos nen@s da escola, unha semana despois de producirse un atropelo que, se ben non foi grave, si debe servir de alarma.

Lembra que non hai parada de bus específica dentro do centro, e que as beirarrúas son moi estreitas. Ante a marea de asfalto que hai nunha zona con ata 4 carrís separados por unha mediana prescindible a todos os efectos, piden que o goberno local reordene a zona, polo menos ampliando as devanditas beirarrúas ou incluso pechar ao tráfico rodado o lugar na hora de entrda e saída.

Outras medidas a pór en marcha son os camiños Escolares ou Pedibús, unha iniciativa para avanzar nunha alternativa de mobilidade para o alumnado dos colexios, creando rutas peonís de acceso aos centros de ensino nas que os cativos e cativas teñan contacto directo coas nenas e os nenos da súa contorna cotiá, da súa rúa e a as súas xentes, ao tempo que se favorece a súa autonomía persoal”. “O obxectivo é transformar Cee nunha vila moito máis segura e cun hábitat urbano moito máis amábel”, explica Serxio Domínguez.

Artigos relacionados

Comentarios