![noitebusLogo]()
Continúan chegando protestas pola supresión do servizo do Noitebús no rural galego. As zonas de marcha como Santa Comba, Ponteceso, Vimianzo ou Cee sufrirán de seguro esta anulación dun servizo social e de seguridade para os mozos de toda a bisbarra. Se por
Ponteceso o tema xa chegou ao pleno, esta semana tratarase no salón de plenos do Concello Cee.
E o fará trala moción presentada polo BNG local na que buscan o apoio de todo o Concello para
"instar á Xunta de Galiza a manter o funcionamento do servizo de transporte público nocturno a lugares de lecer (Noitebús), sen aplicar ningunha redución das rutas existentes,
tendo en conta Cee coma un dos referentes de ocio nocturno na Costa da Morte, potenciando deste xeito as liñas cara o noso concello".
Daniel Oca González e Santos Díaz Graíño, concelleiros do Grupo Municipal do BNG no Concello de Cee, teñen claro que este servizo mellora a seguranza viaria e reduce a sinistralidade, cubrindo as necesidades de desprazamento nocturno da mocidade, e o califica como un servizo necesario do que non se pode prescindir.
Apuntan que a propia Dirección Xeral de Tráfico (DGT) afirma que “este servizo ten demostrado a súa eficacia, ademais que contribuíu a eliminar vítimas e a concienciar sobre a condución segura”. Tamén a plataforma Stop Accidentes uniuse a estas manifestacións para cualificar a pretensión do goberno do PP de “desastre”, para engadir que “sempre é máis barato previr que lamentar”.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Cee.