sábado. 16.05.2026
El tiempo

O Sindicato USO defende o seu papel no caso do accidente laboral do ex traballador

fabrica de xeal en Cee
O Sindicato USO defende o seu papel no caso do accidente laboral do ex traballador

Denunciaba esta semana un ex traballador de XEAL o abandono que sentíu por parte da empresa, e do sindicato USO, tras sufrir un accidente laboral en 2023. 


Hoxe a Sección Sindical de USO en XEAL quere responder manifestar a súa "absoluta indignación" ante a denuncia, por considerar que omite a actuación levada pola organización sindical

Aseguran que "a impugnación da alta médica emitida pola mutua foi preparada e presentada polos servizos xurídicos de USO, conseguindo a súa anulación". Sinalan tamén que "a incapacidade permanente que ten agora o traballador conseguiuna grazas en gran parte aos informes do accidente e do area de servizo, que conseguiu o delegado de prevención de USO na empresa e co asesoramento dos servizos xurídicos do devandito sindicato, que lle asistiron en todo momento", sen saber que o afectado contratara outro avogado.

Lembran que o afectado estaba afiliado ao USO polo "traballo na defensa do convenio colectivo", e critican a quen os acusan de ser “uns vendidos”, o que consideran "unha falta de respecto e unha manifestación completamente afastada da realidade". "A traxectoria desta Sección Sindical demostra precisamente o contrario. Ata a data, dos cinco procedementos xudiciais promovidos por USO en defensa dos traballadores e xa celebrados, catro foron resoltos favorablemente para o persoal e un atópase pendente de sentenza", aseguran.

Por todo o anterior, a Sección Sindical de USO en XEAL "resérvase o dereito para exercer cantas accións legais resulten necesarias para salvagardar a honorabilidade do sindicato e dos seus delegados fronte a acusacións falsas, infundadas e potencialmente difamatorias".

Comentarios