“Pois si que tiñan gañas de saír, tanto a xente como os cogumelos”



Parece que chegou a tempo a chuvia e deixou o monte regado de cogumelos. Alomenos así o entendemos ao ver a exposición que armou a Asociación Pan de Raposo no marco das XVIII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que volveu encher con máis de 200 especies de cogumelos a Casa da Cultura de Cee.
Non conseguíe o cambio climático retrasar a data das xornadas máis importantes da comarca, que seguen sendo unha auténtica referencia en toda a provincia, como o demostrou o goteo conxunto de xente, con grandes picos arredo das charlas ou das visitas guiadas á exposición. É difícil valorar a cantidade de xente que puido ter entrado ao longo da fin de semana, pero dende a entidade consideran que puideron ser máis de 1.500.
Unha sorpresa na exposición
A exposición, sobre todo cando se desenvolvían as visitas guiadas de José Castro Marcote e Manuel Pose Carracedo, estaba ateigada. Ata o domingo pola tarde, a conferencia de Marcote, moi especializada, tivo unha gran acollida, polo que parece que a xente tiña gañas de saír de casa a pesar do temporal.
E afortunados foton os que se atreveron a visitar a exposición, pois había moito cogumelo grande, deses que “sempre gusta a xente”. Este ano, a estrella foi unha amanita cesárea de medio quilo… Aí é nada.

”Está sendo un ano moi raro nas setas”

O propio Marco recoñece que “está sendo un ano moi raro”. Este ano, ademais dos habituais Jose Marcote, Chemi Traba, José María Costa, Manolo Pose e Roberto Montes, e ao ver que o tempo non acompañada demasiado, saíron durante a semana pasada ao monte varias persoas máis para apañar cogumelos. Conseguir conseguiron unha manchea de especies, pero hai cousas que sorprenden aos responsables.
”O outro día estivemos de 8:00h a 19:00h, e en cada un dos 50 sitios que paramos habia Boletus. Porén non vimos nin un só cantarelus, cando tiña que ser do revés, porque son moi típicas desta época, e tiñan que estar dende hai case un mes”, valora Marcote. “É curioso, porque haber non había moitas, pero si que dalgunha especie había moitas, e doutras non había ningunha. A ver se agora se normaliza con esta chegada xa dun clima máis normal desta época do ano, pero o caso é que aínda temos moito que aprender aínda das necesidadas climáticas das setas”, valora con humildade unha das maiores eminencias na materia do país.
Da cociña aos libros

Outra das actividades que sempre triunfa é a máis gastronómica. A noite do sábado consta dun taller de cociña e dunha degustación no Larry, citas para as que piden unha previa inscrición porque saben que a xente sempre se apunta.
Pero dende Pan de Raposo van máis alá e por iso armaron o taller de microscopio en vivo como “forma de enganchar á xente para que salte da cociña aos libros, porque se lles gusta o que ven teñen que estudar algo”. Chemi Costa e Marcote comprobaron como o microscopio “hama moito á tención da xente, porque se ven unhas formas que non te imaxinas que poidan existir aí dentro”.
Agora, esta pequena pero grandísima asociación, que non ten subvencións nin as pide, xa pensa na cita do vindeiro ano, mentres comeza a disfrutar da súa época favorita do ano.




Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/como-sigamos-asi-imos-ter-que-retrasar-por-mor-do-cambio-climatico-as-datas-das-xornadas-micoloxicas/ “Marcote: “As chuvias chegaron tarde para nós, pero aínda así salvamos os mobles con 130 especies”” — Que pasa na costaOutras novas micolóxicas
- Martín Souto Souto: “A seca é catastrófica para a micoloxía”.
- 2015: Lira, Santa Comba e Ponteceso converten a Costa da Morte na capital da micoloxía.
- Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.
- 500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte.
Xornadas Micolóxicas de Cee
- 2016: Cee, Coristanco, Santa Comba e Zas fixeron dos cogumelos os reis do outono.
- 2015: O cogomelo, a estrela do outono da Costa da Morte.
- 2014: Pan de Raposo volveu convertir a Escola de Música de Cee nun verxel micolóxico.
- 2013: A micoloxía segue convertíndose en tradición coas Xornadas de Pan de Raposo.
- 2012: Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo.
- Tarrelos, Unha mirada micolóxica dende a Costa da Morte para Galicia.
Artigos de Castro Marcote
- Cogomelos de Coresma:
- Champiñóns.
- Lepiotas mortais.
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Fungos insecticidas.
- Intoxicación con cogomelos.
- “Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego”, o novo libro de José Manuel Castro Marcote.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).