Portos instalará 4 cámaras de videovixilancia no porto de Brens
Continúan proliferando as cámaras de videovixilancia en Cee, e desta volta o Presidente de Portos anunciáballe á alcaldesa Zaira Rodríguez, que se vai instalar un sistema de control mediante cámaras no peirao de Brens.
A alcaldesa mantivo unha reunión con José Juan Durán para afondar nas medidas de vixilancia e reforzo da seguridade no peirao de Brens. O presidente de Portos de Galicia trasladoulle á rexedora que o ente público vén de realizar a proposta de adxudicación do concurso para o control remoto do sistema de videovixilancia nos portos e que este é o último trámite para a próxima posta en marcha do dispositivo. Durán indicou que as previsións apuntan a que o contrato poida asinarse xa nas vindeiras semanas.
En concreto, no peirao ceense ubicaranse 4 cámaras fixas e unha móbil, cunha capacidade de 8 megas de ancho de banda.
Novas relacionadas
- Piden a retirada das cámaras de vixilancia en Cee.
- Estreado o novo porto de Brens cun mercante de 25.000 toneladas.
Fonte
- Nota de prensa de Portos de Galicia.