xoves. 10.07.2025
El tiempo

O PP de Cee ve "intolerable" que a ausencia de socorristas en varias praias do concello

O PP de Cee ve "intolerable" que a ausencia de socorristas en varias praias do concello

O voceiro do grupo municipal do Partido Popular de Cee, Jesús Picallo, tachou onte de “intolerable” a falta de previsión do Goberno Local que, segundo explicou, deixará á veciñanza da localidade sen servizo de socorrismo este verán en varias praias do concello.

É unha vergoña que a alcaldesa se escude na falta de medios económicos para xustificar a ausencia dun servizo de vital importancia para garantir a seguridade da veciñanza e da xente que durante estes meses visitan Cee”, criticou Picallo, quen lembrou que o Goberno Local aprobou o orzamento para este ano grazas á súa maioría no que, na súa opinión, tiña que existir unha partida para facer frente a este gasto.

“O que sudece aquí é que, unha vez máis, a alcaldesa pretende tomar o pelo á veciñanza. Mentres que en concellos como Carnota ou Dumbría hai bandeiras azuis e servizo de socorrismo, en Cee temos que soportar que, a pesar de pagar os nosos impostos, non teñamos os mesmos dereitos que outros municipios”, lamentou o popular.

Neste sentido, o voceiro do Partido Popular en Cee cualificou de “broma de mal gusto”, que a alcaldesa se escude en que a axuda da Xunta Galicia non alcanza para financiar a totalidade deste servizo. “Debe ser que noutros municipios si saben xestionar e si saben facer orzamentos. A Xunta de Galicia non ten a obrigación de pagar aos socorristas e o que debería facer a señora Lamela ter previsto algo que sucede cada ano e agradecer a axuda do goberno autonómico”, dixo Picallo.

O popular aproveitou tamén para incidir en que a falta de socorristas é “unha máis” no currículo da señora Lamela, toda vez, que tal e como lembrou Picallo, segue sendo a responsable de que Cee non teña tampouco un servizo de Policía Local como necesita o concello.

“Seguimos con roubos e danos nos coches. Que ninguén esqueza que é un tema que aínda non está solucionado e agora resulta que tamén teremos que asumir que a xente de Cee teña que levar aos seus fillos a outras praias”, concluíu Picallo.

Comentarios