Mércores. 24.07.2019
El tiempo

Un premio Atrévete polo emprendemento da alumna dumbriesa Alexia Suárez

Imaxe da entrega de premio Atrévete.
Imaxe da entrega de premio Atrévete.
Un premio Atrévete polo emprendemento da alumna dumbriesa Alexia Suárez
O proxecto Benzin-Strom, Gasolina e Electricidade, da dumbriesa Alexia María Suárez Lema, alumnado IES Agra de Raíces de Cee, en colaboración coa Asociación de Empresarios Polígono de Sabón-Arteixo, vén de recibir un dos Premios do programa Atrévete, que entrega a Conselleria Educación, Universidade e Formación Profesional.

Un programa enmarcado no Plan de Emprendemento do sistema educativo de Galicia, Eduemprende. Un total de 43 estudantes resultaron galardoados na convocatoria correspondente ao curso 2018/19 neste certame, que ten como obxectivo fomentar, motivar e sensibilizar no espírito emprendedor o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO dos centros sostidos con fondos públicos. Entre eles o da nosa ceense.

Ao longo do curso o alumnado participante, acompañado do seu profesorado, participou en actividades de fomento do emprendemento, que incluíron visitas ás 25 empresas e 11 asociacións empresariais colaboradoras nesta edición. Unha vez realizadas estas actividades, os estudantes participan no certame presentando unha boa idea de negocio, de forma individual, redactada como máximo en dous folios.

Novas relacionadas

Comentarios