Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Preocupación pola paralización do heliporto de Lires

Preocupación pola paralización do heliporto de Lires
Maqueta do heliporto de Lires

Onte preguntaba o grupo de ANC polos posible uso do porto de Brens como base de salvamento, entre outras cousas. Hoxe é o BNG ceense o que manifesta a súa preocupación polas "contínuas carencias do heliporto de salvamento marítimo de Ruibo, Lires". I é que o servizo acaba de ser interrumpido, e o helicóptero acaba de ser trasladado a Santiago, onde efectuará por un tempo transitorio, que se descoñece, as encomendas de rescate para o que está preparado. Dita circunstancia non é nova, xa que existe constancia de que dito aparato fica desprazado a base oficial do Sasemar na Coruña, Alvedro, de maneira continuada.

Deste xeito, o BNG da Costa da Morte trasladará unha iniciativa ao Parlamento Español e o Parlamento Galego solicitando unha "explicación sobre os motivos concretos da interrupción do servizo de helicóptero de salvamento marítimo". Pregúntanse "se detrás desta medida están limitacións orzamentarias ou se responde a motivos técnicos".

O BNG recorda que "en novembro de 2012 esta base de salvamento ralentizou moito o seu servizo, para instalar un dispositivo de iluminación que permitira voar de noite, que entrou a funcionar en xaneiro de 2013".

Posible demora nos rescates?

O BNG denuncia que "esta medida vai ter un efecto de demora nos tempos de rescate, e restará autonomía de voo, co que pode chegar a comprometerse a seguridade de moitos profesionais do mar, en situacións límites que precisan unha rápida actuación. É un motivo serio de preocupación, e no que é preciso poñer o foco de atención, pola importancia deste tipo de servizos. Por iso queremos saber de canto tempo se está a falar con esta medida transitoria, e demandamos que se restaure no tempo máis breve posible a súa operatividade plena".

Problemas loxísticos ou de equipamento?

Grave é o feito de que haia problemas loxísticos e/ou de equipamento. Neste sentido, "cabe destacar o sucedido co afundimento do pesqueiro Laberco nos baixos de Meixide de Carnota, o 5 de setembro de 2013, que finalmente tivo que ser rescatado por outra embarcación mariñeira próxima, o Mari Neves, ante a tardanza na chegada do helicóptero, explican.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Costa da Morte.

Comentarios