Propietarios de Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos e Muxía poden solicitar axudas para a rehabilización
Nova campaña de axudas da Xunta para rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no marco da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago. As axudas da ARI dos Camiños de Santiago son aplicables nos concellos de Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos e Muxía.
Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas. Poden destinarse a actuacións destinadas a adecuar a seguridade dos edificios e vivendas, protección fronte a auga e á humidade, garantir as condicións de salubridade das vivendas, adecuar as instalacións eléctricas, de augas ou de telecomunicacións á normativa vixente, reducir a demanda enerxética das vivendas e garantir a súa accesibilidade.
O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán superar máis do 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite do 10 por cento do orzamento.
A área de rehabilitación comprende a totalidade da parroquia, de maneira que todas as vivendas da mesma que cumpran os requisitos poden beneficiarse das axudas establecidas.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2017.
Máis información http://www.igvs.es/web/actuamos/858.Fonte
- Xunta.