Venres. 11.10.2024
El tiempo

Tuéjele Teatro do IES Fernando Blanco, Premio de Boas prácticas en educación inclusiva

Marina Gomez e Fernando Castro Paredes de Tuejele Teatro
Os mestres Marina Gómez Pose e Fernando Castro Paredes son os artífices de Tuéjele Teatro. Foto: Rafa Quintáns
Tuéjele Teatro do IES Fernando Blanco, Premio de Boas prácticas en educación inclusiva

Grandes novas para o teatro costeiro. O IES Fernando Blanco de Cee foi o gañador do 1º Premio de Boas prácticas en educación inclusiva do ano 2022 polo seu proxecto titulado Tuéjele Teatro, un proxecto de educación inclusiva a través das artes escénicas.

Este premio foi convocado pola Consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades en dúas modalidades (unha para primaria e outra para secundaria). O proxecto presentado polo centro ceense reflicte a actividade desenvolvida polo grupo de teatro do centro, Tuéjele Teatro, desde o ano 2012 e como esa actividade de artes escénicas favorece a inclusión de alumnado moi diverso e a colaboración de profesorado das distintas ensinanzas que se ofertan no IES Fernando Blanco.

Detrás do telón, cómpre poñer en valor os artífices de Tuéjele Teatro e do proxecto gañador son os docentes Marina Gómez Pose e o premiado Fernando Castro Paredes.

Novas relacionadas

Comentarios