Mércores. 09.10.2024
El tiempo

QPC aprende na familia de APEM

QPC aprende na familia de APEM
QPC coa Familia de APEM Cee QPC estivo coa Familia de APEM en Cee

Menudo orgullo e honra a que tivo Quepasanacosta a pasada semana. A Familia da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) de Cee acolleunos na súa casa como un membro máis, e puidemos coñecer de preto aos usuarios e profesionais que manteñen viva esta activa entidade.

Unha visita que nacía a raíz da secciín aberta en QPC aproveitando os "Tesouros de papel" de Fran Martín, un dos seus usuarios. Unha sección que serve para continuar eliminando o estigma da enfermidade mental, e para normalizar a convivencia destas bravas persoas, ademais, claro, de aproveitar o talento natural dun fenómeno (recoñecido por toda a familia de APEM) Fran Martín.

Ubaldo Cerqueiro, coordinador do diario, coñeceu de preto aos Junquera, Inés, Serj, Ramón e compañía, eses que coidan na sombra que todos os usuarios estean ben atendidos. De seguido, no taller, explicou o funcionamento do diario QPC tras estes 8 anos de vida, e se someteu ao interrogatorio dos interesados rapaces e rapazas.

Quedou a porta aberta a novas colaboracións da familia de APEM en QPC, e as trabaladoras sociais e terapeutas ocupacionais xa pensan noutros contidos que poidan aportar os usuarios para o novo "Recuncho de APEM en QPC".

Ubaldo Cerqueiro de QPC cos membros de APEM na Radio Nordes Ubaldo Cerqueiro de QPC, á esquerda, cos membros de APEM na Radio Nordés. Vemos a Almudena de costas e a Marcos e a Fran Martín de fronte

Ubaldo tivo a honra de participar na Tertulia de APEM, ese espazo que a entidade ten cada semana no Vivindo a Costa da Morte que dirixe Josiño Mira na Radio Nordés-Cadena Ser, e ao que unha vez ao mes leva unha persoa para ser entrevistada. Interesantísimas as preguntas dos Marcos, Fran, José Luís e Almudena. Non perdan momento, porque cada pregunta vai onde doe:

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios