Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Rafa Vilar recolleu o Premio de Poesía Afundación

Entrega_premio_Rafa_Vilar
Rafa Vilar recolleu o Premio de Poesía Afundación

Noite emotiva para o noso Rafa Vilar. O poeta ceense recollía onte na Gala do Premio de Poesía Afundación, o galardón como gañador da XXI edición, que implica a publicación do libro na colección «Arte de trobar» e unha dotación económica de 6000 euros.

Gala_Premio_Poesía_Afundación
Rafa Vilar, segundo pola dereita

A este acto de celebración da poesía galega acudiron o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet; o director xerente de Afundación, Pedro Otero; o director xeral
de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o presidente do Centro PEN de Galicia, Luís González Tosar; o secretario do xurado e secretario do Centro PEN de Galicia;
Xabier Castro; o responsable da escolma e estudo crítico da antoloxía, Mario Regueira; e o gañador da XXI edición do Premio de Poesía Afundación, Rafa Vilar.

O premio, convocado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Centro PEN de Galicia, foille outorgado a Vilar,
entre as 34 obras inéditas presentadas, pola súa obra Os lugares da memoria. En palabras do xurado, conformado por Tensi Gesteira Estévez, Jesús Castro Yáñez e Pura Prado Baña, e o seu secretario e presidente, Xabier Castro Martínez e Luís González Tosar, a obra gañadora presenta «un uso destacado, na primeira parte, da prosa
poética que dialoga, despois, con textos ben versificados conseguindo unha estrutura harmónica e ben definida
. Os lugares da memoria acada altas cotas de emoción e exhibe unha capacidade reflexiva facendo uso dunha dimensión metapoética ao mesmo tempo que amosa no poema a realidade do mundo».


Rafael Vilar (Cee, 1968). Nado en Vigo en 1968, é filólogo e escritor, ademais de constituír un dos nomes de referencia do asociacionismo en Galicia. Entre a súa
contribución poética ao acervo literario de Galicia, podemos sinalar os libros de poemas A sotavento dunha singradura, Escoración dos días, Migracións, Erosións ou A cidade e a chuvia. Entre a súa obra tamén atopamos obras de literatura infantil e xuvenil como Acuarelas, Patente de corso e Animario estrafalario.

No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Vale Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña, Estíbaliz Espinosa, Gonzalo Hermo, Miguel Sande, Oriana Méndez, Medos Romero ou Ledicia Costas, gañadora da anterior convocatoria.
 

NOVAS RELACIONADAS

FONTE

Comentarios