Martes. 07.04.2020
El tiempo

Remataron as festas de 150.000€

Remataron as festas de 150.000€

Que as contas municipais de Cee están complicadas non cabía dúbida. E que o cambio no goberno modificou o xeito de artellar as festas é algo que podemos comprobar xa. I é que o novo goberno municipal, ante a precaria situación das partidas adicadas as festas, decidiu darlle o relevo na organización das Festas da Xunqueira aos hostaleiros de Cee.

Así, onte organizaba unha xuntanza cuns 30 hostaleiros do Concello para ver como pulsaban esa posibilidade. E parece que o sector responde, pois onte quedaron pendentes de preparar unha comisión, contando con calquera veciño que o desexe, para organizar unha das festas máis importantes da Costa da Morte.

Importantes, si, pero remataron así as festas de 150.000€. I é que "non se pode facer unhas festas por encima das posibilidades que tes", razoaba a alcaldesa Zaira Trillo.
O caso é que segundo denuncia o teniente alcalde Daniel Oca xa hai varias orquestras que o ex alcalde deixou asinadas. Deste xeito o Concello terá que sufragar os 21.000€ (!) que custan as "coñecidas" orquestras Canadá e Superstar. Co que o orzamento para este 2012 quédase en branco unha vez que ademais ten que asumir uns 32.000€ das festas do 2010, unhas festas que quedarán no recordo de toda España.

E ollo, que a SGAE xa realizou unha demanda de 58.000€, a ver se cae algo...

A clave da Operación Orquesta

Cómpre lembrar que o financiamento irregular das Festas da Xunquera foi o xérmolo da Operación Orquesta, que precisamente deaí sacou o seu nome. Xa contabamos como se subvencionaban as grandes partidas das festas, a través dos intercambios "concesión de obras municipais-patrocinio de festas", e como o resultado pode ser o de Manolo Tena facendo un espectáculo histórico no palco ceense.

Polo camiño actuacións de cantantes como María Dolores Pradera ou Golden Apet Quartet por varias ducias de miles de euros (pagadas en negro), suspensións de actuacións como a de María do Ceo do ano pasado... pero iso si, os mellores fogos artificiais de toda Galicia. Pode permitirse Cee isto?

Novas relacionadas

Fonte

comentarios