Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Repaso ao Sumario da Operación Orquesta (VI): As adxudicacións de Neria

Repaso ao Sumario da Operación Orquesta (VI): As adxudicacións de Neria
Non queremos que a Operación Orquesta quede no esquecimento. De feito, hai un par de semanas voltaban os axentes da Policía Nacional achegarse polo Concello de Corcubión para solicitar certos informes sobre as obras da empresa máis implicada, a muxián Construcciones Ogando. Pero o Sumario aínda non está completamente repasado. Son moitas as sorpresas que nos deparan os 7 tomos do sumario, e deste xeito imos intentar continuar cos Repasos ao sumario. Hoxe falamos un pouco da Asociación Neria e do seu proceso de contratación de obras. I é que non podemos esquecer que falamos da asociación que xestiona a meirande parte dos fondos europeos, estatais e da Xunta que chegan á Costa da Morte dende hai 19 anos. E a súa trasparencia e o bo aproveitamento de todos estes investivementos sería clave para un correcto desenvolvemento da bisbarra.

Centro de Coñecemento => Campaña de balde

Hoxe analizamos o Centro de Coñecemento, que xa está fóra de prazo antes de que comecen as súas obras. A adxucación da obra de rehabilitación da Casa dos Carballiños, a día de hoxe en ruínas, contaba con unha partida da Neria, coa axuda da Deputación, de 300.000€, cun prazo de execución que remataba este pasado mes de xuño. Golosa partida para a que a Neria elixiu a Germán Mouzo. O alcalde de Cee, Ramón Vigo, falaba cun dos responsables da empresa con esta claridade, unha vez aprobada a adxudicación da obra: "después me tienes que hacer gratis todas las cosas esas de la campaña, ya lo sabes...", ao que o interlocutor respondía "Claro, ya, claro, claro..." A propia fiscalía pregúntase: "Cumpriría cos requisitos mínimos establecidos por lei, para que a financiación da campaña dun partido político que concorre a unhas eleccións, estivese axustada a dereito ou non?"

"Só as socias de Neria"

O sumario repasa tamén interesantes conversas sobre o asunto entre os Ogando, o empresario implicado Jorge López e algunha responsable da entidade. Ogando e Jorge queíxanse que "a obra esa da Neria xa está adxudicada a un de bigotes (...) porque é socio de Neria seica". I é que só as empresas socias reciben as adxudicacións da obras da Neria. Para iso a entidade pide que se presenten aos proxectos, sen apenas publicidade, a 3 empresas relacionadas coa cúpula directiva, xa contando con cal vai ser a elixida de antemán. De feito, as outras dúas xa saben que non van ser elixidas. "Xa me encargo eu, toco aí algún directivo de Neria sin ser o alcalde de Cee", fala un cabreado Daniel Ogando para intentar mover os seus fíos pola entidade supramunicipal.

Nova relacionadas

Novas da Operación Orquesta

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Comentarios