Venres. 26.04.2024
El tiempo

Rescatan un raposo en Cee

Rescatan un raposo en Cee
Raposino ferido en Quenxe-Foto-Alex Lopez Imaxe dun raposo que atoparon ferido en Quenxe o pasado 2013-Foto-Alex Lopez

A pasada mañá de martes, os Bombeiros de Cee tiveron que facer unha intervención singular. Un raposo levaba dous días atrapado nunha tubaxe dos sumidoiros do polígono empresarial ceés. Os seus berros alertaron a varios veciños que avisaron aos Bomebriso, que conseguiron facelo saír ata un pozo aberto da tubaxe e rescatalo con un lazo sen ningún dano.

En todo caso, parece unha alegría seguir vendo raposiños polos nosos montes, a pesar de que ás veces os vexamos feridos. Iso si, afortunadamente xa hai tempo que non os vemos nas Illas Lobeiras

Novas relacionadas

Vídeos sobre a fauna costeira

Vídeos aéreos

Imaxes nocturnas

Fonte

Comentarios