Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rocío Leira gaña o III certame de poesía Xosé M. López Ardeiro convocado polo concello de Negreira

Rocío Leira gaña o III certame de poesía Xosé M. López Ardeiro convocado polo concello de Negreira
Rocío Leira acolle con gran ilusión este premio que consiste na edición do poemario Rocío Leira acolle con gran ilusión este premio que consiste na edición do poemario
Non podía despedir de mellor maneira o 2015 despois de que fose neste ano cando saíse á luz segunda novela infantil: “O becho que quería comer á avoa”.  Rocío Leira Castro (Pereiriña - Cee), coa súa obra "Obituario", presentada baixo o pseudónimo de Xanela, resultou a gañadora do III certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro, que tivo lugar o pasado venres no concello de Negreira.

Entre tres obras finalistas, estan aparte de "Obituario", "Versos de amor e norte", de Cristina Negreira Barcia, de Negreira, e "Mexacáns do Tambre", de Xosé Antonio Grela, de Santiago de Compostela.

O premio consiste na edición do poemario gañador por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a entrega de 150 exemplares nun acto a desenvolverse na vindeira primavera en Negreira. "Este premio supón un paso importante na miña carreira, pois vai ser o meu primeiro libro de poesía para adultos que ve a luz", asegura Rocío Leira.

O xurado - formado por José Antonio Ponte Far, Xulio López Valcárceln María López Sandez e María Rey - destacou da obra a forza das imaxes poéticas, así como a mirada poliédrica sobre un tema tan actual como a violencia de xénero. "A obra está baseada nun conxunto de poemas, e cada poema sobre a morte dunha muller que cita nun primeiro momento xunto coa data en que foi asasinada", salientou José Antonio Ponte Far, presidente do xurado e amigo persoal de Ardeiro.

"Obituario" consta de 41 poemas, cada un deles encabezado polo nome dunha muller asasinada no 2015, e nos que se ofrecen, a través da linguaxe poética,  distintas perspectivas dunha lacra social como son os feminicidios.

Pola súa banda, o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, declarou na súa intervención no acto que o concello iniciará trámites para solicitar que as Letras Galegas 2017 estén adicadas a Ardeiro.

Máis premios

Éste non é o único premio co que a ceense despide o seu ano literario; xa que recentemente lle comunicaron ser a gañadora do segundo premio da XXIX edición do Certame Rosalía de Castro de Cornellá, que dende hai case trinta anos convoca a comunidade galega de Cataluña.

O certame ó que se presentaron máis de 260 obras, tiña como membros do xurado a persoeiros coma Xurxo Souto ou  Anxo Angueira - presidente da Fundación Rosalía de Castro -.

O poema presentado por Rocío Leira baixo o título "Lume no peito" combina elementos culturais galegos e cataláns e versa sobre a dualidade de sentimentos que pode sufrir alguén na diáspora. Entremedias, numerosas referencias a Manuel Oreste Rodriguez López, poeta galego cunha relación moi estreita coa comunidade galega emigrada en Cataluña.

Comentarios