Venres. 04.10.2024
El tiempo

Rocío Leira gaña o primeiro premio do certame de poesía Manuel María de Gipuzkoa

Rocío Leira gaña o primeiro premio do certame de poesía Manuel María de Gipuzkoa
A escritora de cee Rocío Leira continúa sementando éxitos. Vén de resultar a gañadora do primerio premio do V Certame de Poesía Manuel María da Casa de Galiza en Gipuzkoa co seu poema "O teu exterminio sobre min" dotado con 400€. O fallo do xurado - composto por Xosé Estévez, Rosalía Ferreiro e Ana Bastos e, actuando como secretario sen voz nen voto, Manuel Gómez  - tivo lugar o pasado sábado, día 3, na sede social da Casa Galicia en Gipuzkoa. Martiño Maseda Lozano, de Vilalba, obtivo o segundo premio polo seu poema "Ti,(Des)amor", dotado con 200 euros. Mentras que o 3º premio foi  para Lucía Amaro Losada, de Monforte de Lemos, polo poema:"Ególatra",  e que está dotado con 100 euros. O xurado salientou ademais a alta calidade dos 72 poemas presentados.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios