Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?
10:05 07/02/11
Semella que na Costa da Morte non nos afectan os escándalos. Ou é que estamos xa afeitos a toda clase de esperpento, ou é que tomamos o dito de "mexan por nós e dicimos que chove" como un axioma. O caso é que trala convulsa semana, a visión de cara ás eleccións municipais de maio (das cales este ano faremos un despliegue sen precedentes) parece estar máis definida.
Non cabe dúbida de que a presunción de inocencia é básica para calquera clase de comentario e visión. Pero o que tampouco se pode permitir, sobre todo ao falarmos de cargos públicos, é ese argumento tan escoitado nos últimos días, aquel do "roubar, rouban todos", "é o normal"... Un argumento que, así e todo, define o por que do noso eterno retraso.
Xornais a nivel nacional como pode El País, La Opinión ou La Voz de Galicia destacan nas súas follas a volta á tortilla que os veciños da Costa da Morte somos capaces de facer con esta clase de situacións, coma se da mesma Italia de Berlusconi se tratase.
01-02-11: As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
A tranquilidade dos alcaldes
Estes días os alcaldes amosaron a súa cara máis humana. Tras pasar unha, ou dúas noites, no cabozo, as sensacións xa non poden ser as mesmas, pero de cara á fora están sacando a súa mellor cara. O propio alcalde de Cee, Ramón Vigo, xa se ensinaba estes días polos bares e pubs da zona, e aseguraba sentirse "reforzado gracias ao apoio dos veciños, que me dá máis forza para presentarme ás municipais". Igualmente enviaba un recado ao PSOE, indicando que deixar o pacto de goberno sería "un erro político" pola súa parte. Pola súa banda, Santos Maneiro, alcalde de Mazaricos, recoñecía en Radio Nordés que "teño a miña conciencia tranquila e iso axúdame a levalo con calma relativa". Apuntou que "non me prantexei aínda se von ser o candidato", pero recoñecía como o máis normal que "hai cousas nas festas galegas que son difíciles de controlar, como os chiringitos", apuntando que como hai 200 empresas implicadas as contas son demasiado complicadas... O alcalde fisterrán José Traba pola súa parte asegurou que volverá a presentarse xa que "se demostrou que sigo contando con toda a confianza dos veciños". Ademais sinalou que "eu sigo vivindo cos meus pais, nin teño pisos nin contas nin nada especial que destapar".Que pensa a Costa?
Deste xeito, queremos pulsar a vos opinión sobre se os alcaldes saen ou non reforzados. Queremos que votedes na nosa enquisa pero que tamén deixedes os vosos comentarios, ou ben aquí ou a través do noso Facebook. Lembrade que é un foro aberto, no que non queremos censurar, pero para o que pedimos, cando menos, educación. [poll id="2"]Máis información
Novas relacionadas
- 03-02-11: Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta.
- 02-01-11: 5 imputados na Operación Orquesta saen en liberdade provisional con cargos.
- Primeiras protestas polo positivo de alcolemia do concelleiro de IxCee.
- 01-02-11: A “Operación Orquesta” continúa en marcha.
- 31-02-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
Outras información
- EL País: Operación Orquesta: imputados, pero poco.
- El País: Fanfarria silenciaosa contra a corrupción.
- La Opinión: Notas discordantes na costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).