Martes. 17.09.2019
El tiempo

“Se a Semana Santa foi un preludio do verán, o sector hostaleiro temos que estar encantados”

“Se a Semana Santa foi un preludio do verán, o sector hostaleiro temos que estar encantados”

Pasou unha completa Semana Santa. Completa en actividades, pero marcada polo mal tempo. Só o domingo, o sol renaceu, para permitir que a Resurrección de Fisterra, un dos puntos máis singulares da semana relixiosa, se desenvolvese con normalidade.

Pero, e como foi a Semana Santa a nivel hostaleiro? Pois o titular xa nolo deu Ricardo Darriba, do Grupo Insua. Sorpresivamente moitos dos establecimentos rexistraron moi boas cifras, como tamén nos corrobora Anabel Piñeiro, da APTCM.

"Sen contar houbo mogollón de ambiente. Nos aloxamentos sempre hai nestas datas, pero nos sorprendemos nos Restaurante, que houbo moita xente", recoñece Darriba. "Iso si, moita reserva de última hora, xente que chega sen reservar. Pero o que tamén notamos, afortunadamente é que houbo un aumento de gasto por cliente, e moitos tiraron polos peixes, carnes boas, arroces con bogavante..."

Buscando camiñar

Ademais, Darriba apunta un detalle moi significativo. "A xente o que quere é camiñar. E non só polo Camiño, senón que outra xente vén só a facer a última etapa ata Fisterra ou a facer sendeirismo polo Monte Pindo ou por aquí cerca. Estamos vendo que a xente vén facer deporte e disfrutar da natureza, e de feito, tamén se alugaron moitas bicis a pesar do tempo".

Roteiros homologados na Costa da Morte?, iso é outra cousa.

Boas cifras e pouca información

Dende a Oficina de Turismo de Corcubión, provisionalmente pechada nestes días, Anabel Piñeiro da APTCM destaca que houbo moita afluencia de visitantes. Sobre todo no venres santo, que nas 4 horas de apertura do Cárcere Vello corcubionés non parou de entrar xente. Xente que ademais protestaron pola falta de información i é que se quitas as agochadas Torres do Allo ou a oficina de turismo da Xunta en Laxe, non hai onde atopar información. Mentres >o Faro Fisterra segue coa súa pouca información e do de Touriñán aínda non temos novidades.

Ademais, Piñeiro asegura que "malia que a Semana empezou algo frouxa, ao final conseguiron unhas boas cifras de ocupación". Como sinalaba Darriba, as chegadas sen reserva foron moi habituais deixando claro que o turista galego é un cliente directo da nosa bisbarra.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios