Venres. 11.10.2024
El tiempo

Stoupa cumpre 2 anos mostrando o talento da Costa da Morte

Stoupa cumpre 2 anos mostrando o talento da Costa da Morte
Esculturas Alberto Costa en Stoupa Esculturas Alberto Costa en Stoupa

#24MesesStoupando é o nome da nova exposición colectiva na que se poden ver os traballos dos autores que expuxeron nestes dous anos na tenda e galería Stoupa de Cee. Un fermoso xeito de celebrar o seu segundo aniversario de loita por visibilizar o traballo e o talento que hai na comarca. Stoupa, que xestiona tamén a TendaQPC a través da cal se poden facer pedidos online de 10 artesáns e artistas da bisbarra, enche así as súas paredes de pintura, de fotografía, de cartografías ou esculturas para todos os gustos, ademais de contar con música, literatura, produtos autóctonos coma bebidas feitas con auga de mar e artesanía en xeral que, sen súbida, sempre son un agasallo perfecto para calquera ocasión. A tenda congrega de novo a numerosos artistas da Costa da Morte como Viki Rivadulla, Yano Yoro, Nando Lestón, Alberto Costa, Roque Rey, Mimadriña, Marinna Mouzo, Marcos Rodríguez, Carmen Labrador, Senén Ínsua, Nacho Porto, Nano Unzueta, Manuel Canosa, Olería Aparicio, Lucía Costa, David de Lorenzo, Xoanxo Cespón, Redeiras de Corme, Pepe de Olegario, Fernando Rei, Mighel FK, María Lema, Reme Beiro, Andrea do Río, Juan Louro, Jesica Coiradas e Frank Buschmann entre outros. Stoupa segue consolidándose como o único referente na Costa da Morte que se adica a visibilizar e a vender nun mesmo local en Cee obras de autor elaboradas en diferentes zonas da comarca: dende Carballo e Malpica ata Muros e Fisterra, pasando por Vimianzo, Corcubión, Muxía ou Camariñas. Dous anos nos que lle descubriron aos veciños e aos máis curiosos os segredos da cultura da Costa da Morte. A mostra colectiva poderá visitarse durante todo o verán ata finais do mes de agosto de luns a sábado de 12-14h e de 17-21h.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-nova-tendaqpc-unha-fiestra-aberta-da-artesania-e-a-cultura-costeira-a-toda-a-peninsula/

Creadores da Costa da Morte en Stoupa

Fonte

Comentarios