Sufocado con rapidez un pequeno incendio forestal en Cee
09:06 20/07/17
Un pequeno incendio forestal foi sufocado con rapidez esta mañá no lugar da Lagarteira, en Cee. Persoal do Eroski, situado en fronte do comezo do lume, alertou ao 112 de que debaixo dun poste de condución eléctrica, ardían herbas altas e silvas, nunha zona con moita maleza que podería facer que se convertese nun lume moi perigoso, habendo casas a menos de 25 metros.
A Policía Local rapidamente solicitou a actuación dos Bombeiros de Cee, debido a proximidade co parque e a rapidez da alerta facilitou a extinción, xa que o incendio estaba nunha fase inicial.
En apenas 20 minutos o incendio estivo solventado con apenas uns 400 litros de auga.
Incendios forestais 2017
- 16-07-17: O incendio entre Cabana, Coristanco e Zas arrasou 18 hectáreas.
- 04-07-17: Un novo incendio en Vimianzo.
- 03-07-17: A Garda Civil investiga a dúas persoas polo incendio de San Xoán en Cabana.
- 24-0-6-17: Dous incendios no Castro e Corcoesto “abren” a tempada.
- Alertan da necesaria Deseucaliptización de Galicia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).