Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Sufocan un incendio nunha vivenda detrás dos almancéns de Fuco Corbelle

Incendio urbano en Cee-Fuco Corbelle
Sufocan un incendio nunha vivenda detrás dos almancéns de Fuco Corbelle

Este mediodía de martes 17 de outubro saltaba a alarma en Camiños Chans, en Cee, por un incendio nun baixo dun edificio situado, detrás dos almacéns de Fuco Corbelle.

Os Bombeiros de Cee acodiron de inmediato para sufocar o incendio, e ao lugar tamén acodiron Protección Civil, Policía Local e Urxencias Sanitarias. Foi solicitada pola Policía Local unha ambulancia para atender ás dúas persoas, maiores, habitantes do edificio por posible inhalación de fume, e foron trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Incendio vivenda cee por dentro
Imaxe dos Bombeiros da vivenda por dentro

 

Comentarios