Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“A suposta biodegradabilidade das toalliñas húmidas é unha gran mentira”

Toallitas na praia atasca depuradora
Toalliñas recollidas o sábado na praia da Concha
“A suposta biodegradabilidade das toalliñas húmidas é unha gran mentira”

Esta pasada fin de semana, as bravas voluntarias da Asociación Mar de Fábula realizaron unha acción heroica. Á cloaca da Praia da Concha recibía a visita de apenas 6 motivadas e concienciadas persoas (a entidade tivo pouco tempo para organizalo), que limparon todo o que puideron a pesar da calor.

Limpeza da Praia da Concha de Mar de FABULA

E a gran conclusión obriga a lembrar a mensaxe da campaña do ano 2016 que a propia entidade realizou xunto co Concello de A Coruña: “A TÚA CASA NON QUEDA TAN LONXE DO MAR”. “Con esta campaña, apelamos á responsabilidade individual para desfacernos dos produtos hixiénico-sanitarios que utilizamos nos nosos fogares”, explica Virginia Barros, unha vez analizado o contido dos refugallos recollidos.

Compresas na praia
Compresas na praia

Toalliñas húmidas (mesmo as que sinalan que son biodegradable) ou compresas, son o lixo máis habitual nunha zona urbana como a Concha, polo que lembran que deben ser depositados no lixo. “A suposta biodegradabilidade das toalliñas húmidas é unha gran mentira, un cabalo de batalla para asociacións como a nosa, xa que en realidade TODO degrádase, a maior ou menor medida e velocidade. Pero, antes de desaparecer a longo prazo, as toalliñas húmidas atascan as redes de saneamento (non hai depuradora para tanta toalliña) e contaminan cas súas fibras sintéticas e produtos químicos as augas de ríos e mares”.

Así recolleron máis de 130 toalliñas, 24 cmpresas, 50 L de cabos e chicotes, e 50 bastonciños, menos do que adoitaba haber antes da prohibición de ser fabricados con material plástico.

A tua casa non queda tan lonxe do mar

Novas relacionadas

Comentarios