Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Pequenos cambios, grandes resultados

Pequenos cambios, grandes resultados
a tua casa non queda tan lonxe do mar Foron necesarios trece meses de intenso traballo para xuntar 23.397 bastonciños de algodón -principalmente de cor branca - en cinco praias piloto da área metropolitana da Coruña e moitas mostras aleatorias en distintos areais da Costa da Morte. Con estes datos, a entidade Mar de Fábula iniciou o pasado mes de xuño unha campaña coa que baixo o lema "A túa casa non queda tan lonxe do mar" a entidade pretende informar, sensibilizar e romper con este grave problema ambiental. Este refugallo plástico- froito dun mal hábito doméstico- constitúen un dos contaminantes máis agresivos para o medio ambiente e para a fauna mariña. "A solución viría simplemente con facer unha pequena alteración nos nosos hábitos e non botar os produtos de hixiene íntima polo váter se non depositalos nunha papeleira ou recipiente de inorgánicos dentro da nosa casa" sinalan dende a entidade ecoloxista. Este pequeno cambio de costume tería un triple efecto. Por unha parte, o cidadán adquiriría unha postura activa na defensa do medio ambiente; por outra, reduciríanse os atascos nas redes de saneamento e, por último, erradicaríase un perigoso contaminante do medio mariño. Ademais dos miles de bastonciños de plástico, os voluntarios de Mar de Fábula recolleron outro paíños pertencentes a caramelos. A este panorama hai que engadirlle que as intensas choivas que impiden o correcto funcionamento das redes de saneamento provocando que éstas boten fora masas de celulosas, cueiros, toalliñas, compresas, cabichas,... Esta campaña de concienciación consta de tres fases cunha duración anual ainda que coa vontade de prolongala no tempo conectándoa con campañas similares, actualmente en curso a nivel europeo. Para a financiación da primeira fase, que transcorreu entre os meses de xuño e decembro, Mar de Fábula contou cunha subvención económica da man da área de medio ambiente do concello da Coruña. O obxectivo da entidade é implicar á cidadanía nun "imprescindible proceso de cambio cultural" de cara a un desenvolvemento sustentable. Nos próximos meses farán unha entrega simbólica de papeleiras nun barrio da cidade herculina sitaudo de cara ao mar. Novas relacionadas Fonte 

Comentarios