Martes. 08.10.2024
El tiempo

Suso Bahamonde: “Non, "Caída" non é un poemario para tirar foguetes de alegría”

Vén de parir un novo poemario. O poeta ceense Suso Bahamonde recupera o papel 5 anos despois daquel exitoso ”Expansión”.

Suso Bahamonde presenta o poemario Caida
Suso Bahamonde presenta o poemario Caída
Suso Bahamonde: “Non, "Caída" non é un poemario para tirar foguetes de alegría”

Falamos con el, para ver cales son as liñas argumentais do seu novo proxecto.

  • QPC: “Caída”… non parece un título moi esperanzador, non… É tan crú como parece o libro? Que trata?

Si, o título do libro simplifica o que o lector vai atopar no interior. Non é para tirar foguetes de alegría.

Non me gusta falar moito do que trata o libro, prefiro que o lector se embarque sen ideas preconcebidas, pero si, é un poemario que trata sobre as caídas que padecemos na vida, a moitos niveis, e como estas, inflúennos e sírvennos coma un reseteo para volver a saír a flote.

  • QPC: Que supón para ti botar a andar esta criatura?

Bueno, levaba cinco anos sen publicar, e consideraba que era o intre exacto para sacar á luz esta #CAÍDA que por outra banda foise xestando a lume moi lento ao longo dos anos.

Ademais é unha volta aos canons convencionais de edición, pois este libro está editado por M editora, que apostou por el.

O anterior libro que publiquei, Expansión, foi unha autoedición.

  • QPC: Saír o mesmo Día da Poesía parece unha causalidade ou é unha aliñación dos astros?

jajaja.. Consideroo unha mera casualidade. Son o tipo máis antipoético que existe.

  • QPC: Onde podemos atopalo?

Pois como comentaba, ao voltar a publicar cunha editorial, poderase atopar en calquera libraría do país onde o solicitedes.

  • QPC: Cando comezan as presentacións? Son realmente importantes estas citas? Gústanche?

Pois a primeira presentación, e por así dicilo, a oficial, terá lugar o 12 de abril na Capela do Pilar en Corcubión, aquí na Costa da Morte, da que en vindeiros días sairá o cartel. Despois dalgunha presentación máis pola Costa, chegará o tempo de achegarnos ás cidades: Coruña, Vigo e Pontevedra polo de agora.

E si, soenme gustar as presentacións, pois gústame o contacto cercano co lector. E os viños de despois sempre están ben.

Marcapaxinas do poemario de Suso Bahamonde Caida

Novas relacionadas

Novas de Suso

Comentarios