xoves. 01.05.2025
El tiempo

Turismo acondiciona 4600 metros da ruta Fisterra-Muxía

Turismo acondiciona 4600 metros da ruta Fisterra-Muxía
A directora de Turismo, Nava Castro, visitou onte as obras que se están a realizar no concello de Cee A directora de Turismo, Nava Castro, visitou onte as obras que se están a realizar no concello de Cee Entrados xa no 2016 o tempo esgótase para que as vindeiras eleccións da Xunta de Galicia, así que sen o típico parón das vacacións do nadal os representántes do goberno galego apúranse coas visitas de rigor. Onte tocoulle o turno a Cee, ata onde se achegou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, para visitar as obras que está a realizar o departamento que dirixe no Camiño de Santiago na ruta Fisterra-Muxía no seu paso polo concello ceense. Na súa visita, Nava Castro explicou que a ruta Fisterra-Muxía ten unha simboloxía especial pois é a única que ten a súa orixe na cidade de Santiago de Compostela e percorre o camiño ata a punta occidental da Europa Continental ata chegar as metas: o cabo de Fisterra e o santuario da Barca a 89 e 87 quilómetros, respectivamente de Compostela. Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta destacou os esforzos que realiza a Xunta de Galicia para conservar e protexer as distintas rutas xacobeas, realizando “labores continuas de mantemento, medidas correctoras e acondicionamento dos tramos do Camiño”. Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, “o obxectivo é facer un camiño totalmente transitable”. A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o obxecto das obras q consisten no acondicionamento do pavimento no treito do Camiño Fisterra-Muxía que discorre entre Brens e a capela de san Pedro Mártir, necesario debido a deficiencias producidas pola elevada pendente dalgúns treitos, a coexistencia coa auga no camiño e ao uso de maquinaria pesada. Segundo afirmou, a lonxitude total a acondicionar é de 4.600 m repartidos en catro subtreitos. A directora de Turismo de Galicia manifestou que, estas obras de acondicionamento e todas as realizadas nos diferentes tramos, “adáptanse completamente ás peculiaridades do terreo” e respectan en todo momento o ancho do camiño así coma os valores tradicionais do mesmo, mantendo a coherencia coas obras realizadas anteriormente e procurando sempre o menor impacto visual posible. Incremento das peregrinacións Por outra parte, Nava Castro, sinalou que o Camiño de Santiago é un “gran elemento captador de turismo internacional” que posiciona Galicia como marca e como destino diferencial. Neste senso, a directora de Turismo de Galicia falou do número de peregrinos que se achegaron a Santiago polas distintas rutas do Camiño no 2015, un total de 262.515 peregrinos, 24.532 máis que no ano 2014. Segundo sinalou Nava Castro, isto implicou un incremento do 10,31% con respecto aos peregrinos que selaron a súa Compostela no ano 2014. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • Turismo

Comentarios