Un ano de rap con LeöKCh


Falamos hoxe co rapeiro de Camiños Chans, en Cee, LeöKCh. I é que pecha este 2011 cun gran traballo ás súas costas. Ademais, danos un avance, en verso, do que será outro produtivo 2012.
Deixámosvos con el.
- Moi boas Leo. Hai arredor dun ano que non falabamos contigo. Como o valoras este 2011?
Pois se facemos inventario dende fai un ano xusto, en concreto dende o 24 de novembro, pódese dicir que non están nada mal os froitos recollidos do sembrado con esforzo. Comezando o 24 de novembro do ano pasado, momento no que sae a luz o Videoclip de EDR- AVE MARIA (reflexión) feat LeöKCh, que foi un traballo moi emotivo e cheo de sentimento e vibracións positivas.
A comezos de ano, xa entrando en abril, fixemos un chamamento a nivel Europeo para convidar a modo rap a que todos nos achegásemos a Pontevedra para disfrutar do Campeonato europeo de triatlón 2011. O rap en concreto versionouse en galego e castelán, tendo unha difusión contundente e poderíamos dicir que se converteu no himno do campeonato, tendo diversas actuacións en directo no acto de presentación e o día inagural do campeonato desputado no mes de xuño.
- Polo que sabemos, non quedaron aí as actuacións a nivel deportivo?
Pois si. O 16 de xullo presentouse o documental, MPH MANN, baseado no piloto Almeriense Antonio Maeso, que participou nesta lendaria carreira de motociclismo, para o cal fixen un rap homenaxe o piloto que formou parte da banda sonora orixinal de dito documental.
- E tralo verán como afrontaches o fin de curso? Cara onde vai o teu novo rap
Tras un parón para buscar novas temáticas e estilos musicais para fusionar, o primeiro tema de proba, que aínda está sen mezclar e masterizar é o que publiquei recentemente, dándolle un aire máis reggae/ragga. É un tema en fase de proba como comentaba para escoitar a opinión dos que me rodean de cara a centrarme quizáis nun estilo cun rexistro máis amplo.
- É a semente do novo traballo
É, é o comezo do próximo que teño en mente, que van ser 6 temás, en principio traballados a nivel dómestico, aproveitando os poucos medios dispoñibles nestos momentos, xa que a crise peta en tódalas portas e o tema de axuda musical ou proxectos con algún produtora de nome está ao alcance de moi poucos.
- Cando poderemos ver algo?
A idea e de poder masterizar e finalizar na maneira do posible os temas en estudio, e intentar darlle unha difusión o máis ampla que se poda. Disto estamos falando entre o que queda de ano e o primeiro trimestre de 2012, tendo en mente o de intentar facer unha serie de actuacións pola Costa e a nivel autonómico tirando dos fios posibles.
A maiores estou traballando nunha nova canción de apoio a Antonio Maeso que no 2012 volve a competir no TT da illa de Man, a parte de estar comezando un pequeno proxecto cun produtor e dj lucense, con resultados por valorar.
Polo de pronto, xa podedes escoitar un avance do novo traballo: Nunca nos abandonamos.
- Precisamente, e ante e a crise un dos xeitos de sobrevivir é a colaboración, non?
Xa vos digo que a crise peta en todas as portas. E a verdade é que se alguén da zona ou de Galicia está interesado en colaborar musicalmente, aportando coñecementos ou medios para uns mellores resultados, o calquera local que poida estar interesado nalgunha futura atuación a partir de comezos de ano, poden poñerse en contacto no e-mail leokchmc@gmail.com. Eu encantado de colaborar e máis se é na casa.
Máis información
Novas relacionadas
- O rapeiro ceense Leö Kch canta o Ave María a coro cos Nativos Digitales .
- LeöKCh volve con novos temas achegándose ao reagge.
- A "Crisis" de LeöKCh.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).