Un camión cargado de grava envorca ao carón do campo de fútbol de Cee
Corrían as 9:30h cando un camión cargado de grava circulaba ao carón do campo de fútbol municipal San Paio de Refoxos de Cee, e envocaba. O condutor conseguía saír coa axuda duns veciños, cun golpe na cabeza e queixábase dunha forte dor no ombreiro.
Ata alí, tras ser alertados polo CAE 112 Galicia, desprazáronse os técnicos sanitarios, a Policía Local, Protección Civil e os Bombeiros de Cee. Os bombeiros indicaron que houbo algo de fuga de gasóleo e líquidos procedentes do camión -a causa do impacto- e que tiveron que taponar. A Policía Local de Cee se fai cargo do balizamento e de asegurar a zona ata a chegada do guindastre, que protagonizou arredor das 16:00h, unha curiosa escena. Unha escena que se alongou ata as 19:00h, cando aínda non puidera o guindastre, erguer o camión.
O ferido foi trasladado por Urxencias Médicas ao Hospital de referencia.
O camión estaba cheo de grava-Foto-Rafa Quintans O accidente tivo lugar ao carón do campo de fútbol ceense-Foto-Rafa Quintáns Guindastre intentando erguer o camión-Foto-Rafa Quintans Guindastre intentando erguer o camión-Foto-Rafa QuintansOutro accidente
Xa ás 11:30h, a Policía Local e Protección Civil tiña que trasladarse a un choque fronto-lateral entre dous vehículos, un Dacia Sandero e un Peugeot 205, a altura da Avda. Fisterra 46 da vila xa Xunqueira.
A condutora do Dacia tivo que atendida pola Ambulancia, en principio, de feridas leves. Os Bombeiros de Cee tiveron que acodir para retirar os vehículos para restablecer a circulación e limpar a estrada. O Dacia tiña danos leves pero o Peugeot sufre danos maiores e quedaba á espera do guindastre para levalo.
Accidentes 2016
- 07-11-16: Fin de semana de accidentes e sustos en toda a bisbarra.
- 19-10-16: Os Bombeiros rescatan unha muller atrapada no seu vehículo tras un accidente na Pereiriña.
- Outubro 2016: Dous feridos nun choque frontolateral na Pereira.
- Setembro 2016: Primeiro accidente, leve, na Autovía da Costa da Morte.
- 31-07-16: Un mozo bergantiñán perde a vida noutro accidente:
- 13-07-16: Catro feridos nun accidente entre un turismo e un camión en Vimianzo.
- 12-07-16: Un motorista en estado grave tras un choque en Baio
- 05-07-16: Cinco feridos en dous accidentes en Muxía e en Fisterra
- 17-06-16: Un motorista ferido de gravidade tras un accidente cun autobús escolar en Laxe
- 08-06-16: Aparatoso accidente entre Vimianzo e Camariñas.
- Stop Accidentes: “No 90% dos casos o conductor é o único responsable do seu comportamento”.
- 12-05-16: Unha persoa excarcelada tras un forte accidente en Ameixenda:
- 18-04-16: Unha ferida nun accidente de tráfico en Bustelo.
- Días de accidentes polas estradas da bisbarra
- 22-03-16: Excarcelan unha persoa tras un accidente en Camariñas.
- 11-03-16: Un ferido nun accidente de moto en Fornelos, en Zas.
- 29-02-16: Nova fin de semana de accidentes.
- 24-02-16: Un ferido tras un accidente en Berdeogas.
- 15-02-16: Un novo falecido nas estradas costeiras ao ser arrollado en moto por un camión
- 13-02-16: Falece un mozo de 19 anos ao caer o seu coche a un río en Carballo.
- 11-02-16: 6 persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados en Dumbría, Malpica e Paxareiras.
- 11-02-16: Falece un home nun novo atropelo en Rus.
- 10-02-16: Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio.
- 10-02-16: Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión.
- 08-02-16: Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).