Luns. 16.09.2024
El tiempo

Un novo certame de poesía para alumnos polas Mulleres do noso tempo

Un novo certame de poesía para alumnos polas Mulleres do noso tempo
muller-traballadora-debuxo

Xa está aberto o prazo para presentarse ao "VII Certame de Poesía: Mulleres do noso tempo", organizado polo concello de Cee en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM). Un concurso que nace para incentivar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e propiciar que o alumnado dos centros escolares reflexionen sobre a Igualdade.

Este ano cambiaron as bases, vai dirixido ás nenas e nenos de idades comprendidas entre 8 e 17 anos de idade, hai catro categorías:

  • Categoría A: nenas e nenos de idades comprendidas entre 8 e 9 anos (ambos inclusive). Premio de 60€.
  • Categoría B: nenas e nenos de idades comprendidas entre 10 e 12 anos (ambos inclusive). Premio de 70€.
  • Categoría C: nenas e nenos de idades comprendidas entre 13 e 15 anos (ambos inclusive). Premio de 80€.
  • Categoría D: nenas e nenos de idades comprendidas entre 16 e 17 anos (ambos inclusive). Premio de 90€.

Os premios serán vales para material didáctico e libros a canxear en calquera das librerías do Concello. Para recibir o premio as nenas e nenos estarán acompañados pola nai/pai ou titor legal.
O prazo de presentación de poesías remata o día 7 de abril.

Máis información e inscricións

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios