xoves. 01.05.2025
El tiempo

Un persoa resulta ferida tras unha saída no cruce de Berdoias

Un persoa resulta ferida tras unha saída no cruce de Berdoias
Sobre as 9:40 horas de hoxe, unha persoa resultaba ferida nunha saída de vía acontecida en Vimianzo. O sinistro tivo lugar na estrada que une a localidade con Cee, á altura do cruce Berdoias. Os efectivos sanitarios trasladaron á persoa ferida nunha ambulancia ata o hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Un particular alertou dos feitos aos servizos de emerxencias e ata o lugar do sinistro desprazáronse un equipo de urxencias médicas, os bombeiros de Cee e membros de Protección Civil. Limpeza en Cee Por outra parte, os equipos de emerxencias movilizaron tamén esta mañá aos Bombeiros de Cee - sobre as 12:39 horas - para a limpeza das varias rúas de Cee por mor de un vertido que parecía perigoso. A intervención levouse a cabo nas rúas Paseo Pepe Sánchez, Independencia, Estatuto de Autonomía e praza do Mercado. Para eliminar estas manchas, que ao parecer eran de gasoil, os bombeiros tiveron que empregar un dispersante e lavar con abundante agua. En concreto, empregaron 1800 litros de auga.  

Accidentes 2016

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Bombeiros de Cee
  • Axega

Comentarios