mércores. 04.12.2024
El tiempo

Un premio cheo de Arume para os versos piratas para nenos de Rafa Vilar

Un premio cheo de Arume para os versos piratas para nenos de Rafa Vilar

Seguen os poetas da Costa da Morte editando libros e gañando premios por todo o país. A verdade é que se botan de menos a súa actividade a nivel reivindicativo na Costa da Morte, pero é curioso agradable comprobar a súa potencia en todo o país, e como na súa propia casa ás veces síntense extranxeiros.

Hoxe damos os parabéns a Rafa Vilar, que vén de galeguizar o seu apelido, por un novo recoñecemento dende a comarca do Deza. Trátase do Premio Arume de Poesía Infantil, que outorga a Fundación Neira Vilas.

Vilar, ca súa obra "Patente de corso (pequeno dicionario pirata)" leva este premio trala unanimidade do xurado formado por Xosé Neira Vilas, Valentín García Gómez, Xoán Andrés Fernández Castro e Luís Reimóndez Fernández.
Vilar trata os corsarios como "piratas bos, xoguetóns e atractivos para o público infantil. Non son corsarios violentos senón máis ben inxenuos, que mesmo esquecen cargar os canóns para librar así unhas batallas nas que ninguén se magoa".

As súas lembranzas de cativo na súa terra de piratas, Cee, foron claves para situar o contexto da obra, e todo mesturado cun toque de humor, "Patente de corso (pequeno dicionario pirata)" é un libro perfecto para poñer ao teu fillo a viaxar polos confíns do mundo.

Fonte e máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios