Un repaso ás primeiras conversas do sumario da Operación Orquesta

11:35 12/04/11

Vigo e Moreda deciden as listas do PSOE
Entre as conclusións que podemos sacar estes días da revista de prensa, podemos apuntar cousas tan sorprendentes como que "Ramón Vigo e Fernández Moreda, presidente da Deputación, decidiron a confección da lista dos socialistas para estas municipais". Aí é nada e así se extrae dunha conversa entre Vigo e o secretario de Neria, Xan García. Aquí podemos comprobar con estas dramatizacións sonoras realizadas pola Radio Nordés - Cadena Ser, onde escoitamos, primeiro, a Ramón Vigo, seguido de Xan García, nas que ademais chaman a Lamela "mala persoa" por chamar "corrupto" a este último diante de Moreda.
Ogando e os pagos ás festas
Conversa entre Ogando pai e fillo sobre cartos
O arquitecto da Casa da Cultura de Cee
Un dos casos máis sangrantes pode ser o da Casa da Cultura de Cee. Cun retraso de máis dunha década e un sobrecusto de máis de 1 millón de euros, o propio arquitecto José Carlos Leis Caruncho podería estar implicado. De feito, o xuíz asegura que "A súa connivencia e participación delitiva quedou de sobra probada". I é que Leis Caruncho podería ter participado no fraccionamento de adxudicacións das obras, para que non sobrepasen os 60.000€ que obrigan a abrir un concurso.Implicados en Corcubión
O Mercado Medieval tamén foi salpicado pola trama. O xuíz denuncia a creación facturas falsas, creación de asociacións... para conseguir subvencións "en connivencia coa Xunta". Carlos Rey, antigo organizador do Mercado durante 10 anos, e Manuel Varela Rey, exalcalde de Carballo e actual xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo en A Coruña son algún dos implicados. O pago de comisións aparecen no sumario no que o PP corcubionés podería estar implicado.Multas e facturas falsas
Das facturas falsas pouco hai que contar que non se saiba xa. Algunha de 80.000€ para festas para completar unha xustificación de 120.000 do que só pode realizar por facturas legais ata os 58.000. Aí entra a rede de Jorge López, capaz de crear facturas do aire, que contando co pouco control das administracións, en principio solucionaría a papeleta. Sobre as multas tamén hai cousas interesantes. Foron atopadas varias multas que o alcalde de Cee ordenou retirar a familiares, e tamén do seu coche particular. Condutores que non conducen aparecen como culpables de multas, e un policía local de Cee foi imputado por seguir ordes.Revista de prensa sobre o sumario da Operación Orquesta
- El País: Una trama ligada a la Xunta defraudó subvenciones en la Costa da Morte.
- El País: "Participación delictiva" de un arquitecto de Cee.
- El Correo Gallego: La concesión de obras se 'pagaba' en metálico en la trama Orquesta.
- La Voz de Galicia: Ogando confesó haber pactado un 5% de las obras con Vigo.
- La Voz de Galicia: Facturas falsas en Cee por más de 80.000 euros para pagar actuaciones y fiestas.
- La Voz de Galicia: Las extrañas multas del regidor de Cee y de su coche particular.
- La Voz de Galicia: Ogando presionaba para entrar en los ayuntamientos.
- La Voz de Galicia: A trama salpica tamén ao Mercado Medieval corcubionés.
- La Voz de Galicia: «Se admitió, con todo en contra, que esté tranquilo».
Máis información
Artigos relacionados
- Sen xeito, con Fran Hermida: Caudillos.
- As verdades como puños de Jose Luis Louzán: Municipais.
- As verdades como puños de José Luis Louzán: Marbella.
- Historias nómades de Serxio Iglesias: Orquestra Berlanga.
- Rolling polas dunas, con Xabier García: Operación Orquesta.
Nova relacionadas
- 06-04-11: Levantado o segredo de sumario da Operación Orquesta.
- 01-04-11: Os novos imputados de Cee pasaron declaración e chaman ao arquitecto da Casa da Cultura.
- 29-03-11: A Policía chama a declarar a 11 novos implicados na “Operación Orquesta”.
- 02-03-11: Os 3 novos detidos da Operación Orquesta saen con 3.000€ de fianza.
- 01-02-11: Novas detencións na “Operación Orquesta”.
- 07-02-11: Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?.
- 03-02-11: Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta.
- 02-01-11: 5 imputados na Operación Orquesta saen en liberdade provisional con cargos.
- 01-02-11: A “Operación Orquesta” continúa en marcha.
- 01-02-11: As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
- 31-02-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Dramatizacións sonoras da Radio Nordés - Cadena Ser.