A Carreira de Burros, o centro das Festas do Apóstolo de Ameixenda


Xa están de Semana Cultural polas Festas do Apóstolo en Cee. A SDCR “Fumes do Cal" artellaron un completo programa de actividades na Casa da Cultura de Ameixenda para esta e a vindeira semana. Teremos roteiro, actividades infantís, teatro, música exposicións e festas, pero a cita máis salientable é a VII Carreira de Burros, que terá lugar o propo xoves 25 ás 19:30h..
Festas do Apóstolo de Ameixenda
- Venres 19, ás 21:00h: FESTIVAL DOS NENOS/AS que asisten ás clases de gaita e pandeireta.

- Sábado 20, ás 10:00h un roteiro desde o lugar de Miñóns (concello de Dumbría), até a Ensenada de Caneliñas (Ameixenda, Cee).
O roteiro descenderá polo monte de Vanle, coas súas espectaculares vistas, atravesará o lugar de Ameixenda, e baixará pola Peneda cara á ensenada de Caneliñas. Os sendeiristas poderán visitar lugares emblemáticos da parroquia ceense, como a cova de Severo, ou os “petroglifos” que se teñen visto no lugar da Peneda. - Sábado 20, ás 21:00h : concerto a cargo da “RONDALLA ESTRELECER” de Fene.
- Domingo 21, ás 21:00h: A compañía de teatro CÁMARA DITEA ofrécenos “ACTO IMPREVISTO”.
- Luns 22, a partir das 11:30h : “BUSCA O TESOURO PERDIDO NA TÚA BIBLIOTECA”.
- Martes 23, a partir das 12:00h: SESIÓN DE CONTACONTOS INFANTÍS.
- Mércores 24, a partir das 11:30h Proxectarase a película de animación “BRAVE INDOMABLE”.
Exposicións
Ademais, durante toda a Semana Cultural e ata o remate das Festas, poderá verse no horario da Axencia de Lectura de Ameixenda e durante os actos do Verán Cultural a Exposición de “NÓS MARIÑEIROS” de Antonio Quintela.
Festas
O mércores 24 de xullo comezan as Festas propiamente ditas. A partir das 00:00h Festa para a Xuventude con Disco Móbil.
O xoves 25, Día do Apóstolo, abre con Pasarrúas a cargo da Banda de Música “Eduardo Pondal” (Ponteceso). Ás 13:00h, misa solemne na honra do Apóstolo Santiago”. Sesión vermú coa orquestra “MADEIRA”.
A partir das 19:30h a “VII CARREIRA DE BURROS e a continuación actuación do Grupo de Baile “XALDÓN” de Corcubión. E pola noite Gran Verbena coa actuación da ORQUESTRA “ MADEIRA” e o GRUPO “OCÉANO”.
E para o venres 26 de xullo, Alboradas coa “CHARANGA VENDAVAL” de Fisterra. Ás 13:00 h misa solemne e procesión acompañada do NOVO GRUPO DE GAITAS E PANDEIRETAS “FUMES DO CAL” de A Ameixenda e adoración do Santísimo Sacramento venerado cos anxos e a ofrenda floral na súa honra. A sesión vermú estará amenizada pola ORQUESTRA “ALARMA”, que tamén nos acompañará na verbena da noite xunto co GRUPO “MIDAS”.
Novas relacionadas
Máis festas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).