mércores. 30.04.2025
El tiempo

Unha nova minicentral ameaza o Río Castro

Unha nova minicentral ameaza o Río Castro
Rio Castro desecado embaixo da presa piscifactoria Tres Mares-1969-Foto-Rios con Vida

Anunciabamos a semana pasada a acción social que a empresa Tres Mares comezou para salvar a piscifactoría Lires dun posible peche. Unha piscifatoría que conta cunha denuncia da Fiscalía do TSXG por suposta desecación e bloqueo do río Castro, xerada a raíz dunha denuncia penal de Ríos con Vida, a mesma entidade que conseguíu mediante as súas denuncias a liberación do río Xallas na Fervenza do Ézaro.

I é que a presa que ten a piscifactoría no río dende 1969, desviou o cauce e supostamente desecou o último quilómetro de río dende entón ata a desembocadura na ría de Lires, reducindo a fauna típica, como é a troita (menuda contradición que unha piscifactoría de troitas acabe coas troitas dun río…) e o salmón atlántico. A piscifactoría xa tivera expedientes sancionadores na Consellería de Medio Ambiente en 1994, en 1997 e xa nos 2000 por non deixar o caudal ecolóxico, o gran cabalo de batalla destas factorías, así como das eléctricas e as súas centrais hidroeléctricas. A Asociación de Pesca Fluvial Ría Grande de Ponte do Porto foi a última en denunciar este feito antes que Ríos con Vida.

Unha minicentral no río Castro?

Precisamente, un veciño da zona púxose en contacto con esta redacción para dar conta dun asunto que atinxe directamente tamén ao río Castro. O caso é que as causas do peche da piscifactoría pode ter tamén relación, ou así o entende algún veciño da zona, coa concesión dunha nova minicentral hidroeléctrica no río Castro. Unha concesión autorizada no 2005 para un lugar preto de Senande, que permitirá explotar o río Castro e tamén o río Albarellos.

Aínda non está en explotación pero a Xunta de Galicia ten outorgado unha concesión a “Hidroeléctrica da Costa da Morte S.L.”, empresa propiedade do fillo do exalcalde de Cee, Antonio Domínguez, para construir unha central hidroeléctrica no río Castro.

Estrana o feito de que a Xunta esixa a Tres Mares un caudal ecolóxico de entre 0,647 e 0,137 metros cúbicos por segundo en función do treito, e que a concesión de Augas de Galicia á nova central permita un caudal de explotación de 5 m3/seg.

Seguiremos de preto o asunto, pois o que esta en xogo é a saúde dun ríos máis simbólicos e importantes da Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios