Martes. 01.12.2020
El tiempo

Unha vivenda ceense de Juan Creus e Covadonga Carrasco, premiada pola Fundación Juana de Vega

Unha vivenda ceense de Juan Creus e Covadonga Carrasco, premiada pola Fundación Juana de Vega
Fachada da estrada da vivenda de Juan Creus e Covadonga Carrasco en Cee Fachada da estrada da vivenda de Juan Creus e Covadonga Carrasco en Cee Sorprende pasar por Cee e ver no medio da Avda. Fisterra esta singular vivenda. Unha viaxe ao futuro no medio do clásico #ladrilloávista costeiro, que xa pode dicir que ten premio. A Fundación Juana de Vega vén de conceder aos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco o seu Premio de Intervencións na Paisaxe, na categoría unifamiliar rematada nos anos 2015, 2016 e 2017. A "Casa C” foi escollida porque emprega materiais da zona, foi realizada por empresas da zona, e conta con múltiples solucións interesantes e novidosas, se ben o xurado valorou a calidade xeral do edificio. O xurado tamén salienta a “naturalidade e satisfacción” cos que o propietarios da vivenda asumen esta obra de arquitectura tan avanzada. Carrasco e Creus na entrega Durante a entrega de premios Juan Creus referiuse á protagonista que lle deu o premio, compartido coa súa compañeira Covadonga Carrasco, "unha casa que levou tempo porque aínda que se fixo en un ano levou tres de papeleo". Carrasco, quen lembrou que "o traballo primeiro do arquitecto é a casa, non é o encargo pequeno, senón o grande", foi a encargada de explicar as características da obra, nun solar catro metros por riba da estrada. A arquitecta explicou que se trata "duhna casa enriba dun muro" e que a xente de Cee pensaba que era "un bunker" pola fachada que se vía dende a estrada e que contrasta coa fachada do xardín, completamente acristalada. Por último, destacou a "utilización de pedras da zona, granito moreno coma o do monte Pindo mezclado con formigón" e a escaleira interior de madeira, que é "coma unha peza escultórica”. Fachada traseira da vivenda de Juan Creus e Covadonga Carrasco en Cee Fachada traseira da vivenda de Juan Creus e Covadonga Carrasco en Cee

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-casa-chao-recibe-o-premio-de-arquitectura-e-rehabilitacion-de-galicia/

comentarios