![Os pequenos BomOs pequenos Bombeiros de BNrens]()
Os pequenos Bombeiros de Brens
Que ben o pasan os nenos cando hai visita no cole. Este xoves 14 de xuño, varios membros de Protección Civil de Cee, de 061 Urxencias Sanitarias, Policía Local e do colectivo Pasacank9 realizaron unha intensa visita ao CEIP Igrexa de Brens, en Cee. Unha cita que contou coa colaboración de Ambuibérica e da ASGATE (Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias).
Cunha completísima exposición de medios, os xa heroes fixeron unhas impresionantes exhibicións cos cans de rescate e os dous TES do 061. Ademais aprendéronlles técnicas de Reanimación Cardiopulmonar ós nenos.
Á cita acodiron nerviosos e contentos 27 nen@s de 3 a 8 anos do cole anfitrión, pero tampouco quixeron faltar 13 nen@s de 3 a 5 anos da E.E.I. Pereiriña nin 19 alumn@s de 5 anos do CEIP Eugenio López. Foi así unha fantástica xornada de convivencia que lembrarán todos os nenos durante semanas.
![Juan M Trillo no Cole de Brens]()
Juan Manuel Trillo, presidente da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Cee, no Cole de Brens
![Pasacan no CEIP Igrexa de Brens]()
Os Cans de rescate fixeron as delicias dos peques do CEIP Igrexa de Brens
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/rescate-a-fin-do-curso-no-campamento-de-estorde/
https://quepasanacosta.gal/hippy-axuda-aos-peques-da-garderia-de-cee-a-perderlle-o-medo-aos-cans/
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)