Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unión Cidadá e BNG piden bandas tranvesais para evitar os atropelos na Avenida Fisterra de Cee

Unión Cidadá e BNG piden bandas tranvesais para evitar os atropelos na Avenida Fisterra de Cee
Zona dun dos últimos atropelos na Avda de Fisterra de Cee

Os dous atropelos en apenas unha semana na Avenida de Fisterra de Cee vén de provocar que moitos veciños saquen á luz unhas queixas que levan moito tempo latentes. Moitos lamentan a falta de visibilidade polos coches aparcados e pola falta de iluminación, a falta de sinalización, a excesiva velocidade dos vehículos…

Nesa liña, Unión Cidadá Galega vén de enviar un escrito ao Concello para que este solicite das administracións competentes das estradas a instalación de bandas transversais (badenes) en zonas perigosas e en zonas preto dos escolares.

Pide tamén un paso de peóns diante do camping de Estorde.

Tamén o BNG

Tamén o BNG rexistrou unha moción no Concello na que se solicitará a Xunta de Galicia que tome medidas urxentes. Piden a "mellora dos pasos de peóns con iluminación individual en cada un deles, sinais luminosas verticais de advertencia, prohibición de aparcar preto dos pasos, e incluso a elevación do asfalto naqueles que se crea necesario, son algunhas das medidas precisas."

Ademais, aseguran que levarán tamén este problema ao parlamento de Galicia, de man do seu grupo parlamentar.

"Van demasiados sustos e en calquera momento ocorreran desgrazas, por non chemar desgraza a sufrir un atropello, claroestá", explica Serxio Domínguez.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/segundo-atropelo-nunha-semana-en-cee-e-terceiro-na-zona/

Comentarios