Outro venres sen garantía de futuro para os traballadores de XEAL

Imaxe da concentración de onte do Comité de XEAL

Outro venres ao sol para os traballadores de XEAL. O Comité de Empresa mantén as mobilizacións ante a falta de garante dun futuro asegurado, e volvían manifestarse, un venres máis, ás portas do Concello de Cee.

Mentres, os ERTES están nos Xulgados, os fornos seguen parados, a Xunta segue sen esixencias e a empresa continúa sen ofrecer garantías.

 

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA