Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Denuncian que Xeal continúa o desmantelamento do emprego mesmo nas empresas auxiliares

Traballadores de XEAL
Traballadores de XEAL ás portas do Concello de Cee. Foto e vídeo de Rebelión Aluminio
Denuncian que Xeal continúa o desmantelamento do emprego mesmo nas empresas auxiliares

Nova tarde de venres, e nova concentración dos traballadores de XEAL ás portas do Concello de Cee. Unha cita á que non faltan dende hai meses protestando polo continuo desmantelamento progresivo da fábrica, denunciando a baixa produción e a falta dun plan de viabilidade.

Hoxe, o presidente do Comité Alfonso Mouzo, explicaba na concentración un paso máis da empresa na redución de persoal. Despois de moitos neses sen substuir o persoal que se xubila, nin renovar aos temporais, Mouzo denuncia que a empresa está desfacéndose das empresas axuliares.

“Caeu Taller Electo, caeu Ramon Domínguez, Costa Fisterra, e hoxe comunicáronlle a Instaneria que deixa de colocar as virolas para darlle o contrato a unha empresa da Coruña”, apuntaba Mouzo, invitando aos traballadores a continuar coas mobilizacións.

 

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios