Xa hai data de apertura do ximnasio e da piscina de Cee

08:38 18/12/18

A piques de rematar un dos episodios máis nefastos da xestión política ceense dos últimos anos. Un proceso de malas decisións, inacción e desidia levaron a deixar sen unha infraestrutura como é a piscina a milleiros de veciños de Cee e da comarca durante un ano e nove meses, sempre que finalmente se cumplan os prazos que daba onte a concesionaria Viraxes: o ximnasio abre as súas portas o 27 de decembro de 2018, pero a piscina (ademais da sauna…) non o fará ata o 1 de febreiro de 2019.
En todo caso, Rafa Quintáns puido comprobar que as instalacións están moi avanzadas durante a xornada de onte, na que o complexo xa abríu as portas para dar información sobre os prezos dos abonos e das entradas soltas.


Información sobre os prezos


A historia do peche da piscina, dende abril de 2016
https://quepasanacosta.gal/o-ximnasio-poderia-abrir-antes-de-final-de-ano-a-piscina-queda-para-comezos-de-2019/- 15-10-18: A piscina de Cee, pendente dunha nova denuncia de Unión Cidadá por presunta prevaricación e malversación.
- 10-10-18: A piscina de Cee abrirá antes de remate o ano.
- 27-04-18: Comezan as primeiras obras para reabrir a piscina de Cee.
- 25-01-18: Conta atrás para a reapertura da piscina en Cee.
- 07-07-17: Novo retraso para a reapertura da piscina tras quedar deserto o concurso.
- 05-04-17: O PSdG pide ao goberno de Cee que “deixe de marear a perdiz” no asunto da piscina.
- 04-04-17: Novos atrancos para a reapertura da piscina cando se cumpre un ano do seu peche.
- Marzo 2017: PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal.
- 22-02-17: Máis de 600 sinaturas solicitan que a piscina de Cee sexa xestionada directamente polo concello.
- 20-09-16: O Consello Consultivo bota a Aquacenit da piscina de Cee
- 25-08-16: O BNG de Cee pide celeridade para solucionar o problema da piscina.
- 15-07-16: Os traballadores da piscina alzan a voz contra o alcalde de Cee.
- 01-06-16: A non-piscina de Cee, á escuras.
- 26-05-16: Esixen a intervención urxente do Concello ante a cascada de problemas ca piscina municipal de Cee.
- 15-04-16: Usuarios e traballadores maniféstanse pola piscina municipal de Cee.
- 06-04-16: Os traballadores da xa pechada Piscina Municipal de Cee, en folga contra a concesionaria.
- Outubro 2015: A CIG emprenderá accións legais contra a concesionaria da piscina de Cee polas acusacións contra un ex traballador.
- 03-03-15: A CIG esixe o inmediato rescate da concesión da piscina de Cee.
- 14-01-15: Denuncian a situación laboral na piscina de Cee.