Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xoanxo Cespón trae a súa visión “Costa da Morte” a súa casa

Xoanxo Cespón trae a súa visión “Costa da Morte” a súa casa

O espírito da Costa da Morte está inserido na colección de pintura que este pasasdo venres presentaba o artista costeiro Xoanxo Cespón en Cee, na galería Stoupa. A colección, homónima, foi inagurada ante unha boa marea de persoeiros do mundo cultural, como Nacho Porto, David de Lorenzo ou Jesica Coiradas así como numerosos curiosos e aficionados á pintura da contorna.

O autor ceense estivo presente na inauguración e deleitou aos presentes cunha breve explicación da exposición, e con poemas propios, nos que se reflectía a esencia da mostra. Unha mostra que se compón de 13 cadros de idéntico formato, en acrílico sobre papel de 50x50 cm nos que o artista recolle as formas e cores máis familiares da comarca.

Xoanxo Cespón, que na actualidade reside en Londres, pasou os seus anos de infancia e xuventude en Cee e Muxía. Iniciado na pintura dende idade temperá, expuxo por primeira vez a súa obra nunha mostra colectiva no Círculo de Bellas Artes de Madrid no 1994, para máis tarde exhibir as súas creacións en numerosas ocasións en cidades e galerías de arte de todo o país. Na súa etapa residindo en Ámsterdam mesmo chegou a contar cunha galería de arte propia.

A exposición poderá visitarse durante todo o mes de xuño no horario de verán do establecemento: de luns a sábado de 12h a 14h e de 18h a 21h.

Xoanxo Cespon en Stoupa Cee Xoanxo Cespon en Stoupa Cee

Fonte

  • Stoupa.

Comentarios